Sitio web da Xunta de Persoal Docente e Investigador da Universidade de Vigo

     
Inicio | Membros | Acordos e actas | Documentos | Información de interese |  
     
 


Este sitio web contén información de contacto dos membros da Xunta de Persoal Docente e Investigador da Universidade de Vigo e dos acordos adoptados pola mesma.

Dirección electrónica de contacto: xuntapdi@uvigo.es

Novas

Derradeira reunión da XPDI: 26 de abril de 2012. Acordos:

  • Adhesión ao escrito dirixido ao Comité de Prevención e Saúde Laboral por parte do PDI laboral, relativo a temas de agresión.

  • Solicitar a xuntanza do Comité de Prevención e Saúde Laboral  e instar á creación dunha Comisión de Conflitos. Redacción dos protocolos de actuación en caso de conflitos, acoso, agresión etc. no traballo.

  • Aprobación dunha comisión para elaborar propostas para presentar á Mesa de Negociación e, se procede, un protocolo conxunto de actuación.

 

Na reunión da XPDI do 24 de outubro de 2011, os sindicatos presentes (AGPTU, CIG, UXT e CCOO) acadaron acordos sobre os seguintes temas (ver acordos e actas):

  • Criterios e procedemento de promoción ao corpo de Catedráticos/as de universidade.

  • Cómputo da carga docente básica

 

O día 22 de xuño de 2011 contituíuse a nova Xunta de PDI resultando elixidos para a Presidencia e a Secretaría da mesma Gloria Pena (AGPTU) e Nicanor Alonso (AGPTU), respectivamente.

Data de actualización: 11/05/2012