logobanner da universidade

XORNADA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2011

10 de xuño

   

A Xornada de Innovación Educativa 2011 organízase na Universidade de Vigo o día 10 de xuño de 2011 para impulsar o intercambio de experiencias innovadoras entre o profesorado universitario. Poderán asistir docentes galegos, españois e portugueses.


Obxectivos



Os obxectivos da xornada son:

  • Servir como punto de encontro e intercambio de experiencias entre docentes e/ou estudantes dos distintos ámbitos universitarios.
  • Impulsar a innovación e investigación educativa na Universidade.
  • Facilitar o intercambio de experiencias e proxectos.
  • Reflexionar sobre os cambios pedagóxicos que as innovacións e as investigacións educativas están a xerar na actividade docente.

Temas de interese



Os temas de interese inclúen, pero non están restrinxidos a:

  • Novas metodoloxías didácticas
  • Desenvolvemento de novos contidos e programas
  • Adaptación ao EEES
  • Problemas e solucións do EEES
  • Aprendizaxe por competencias
  • Avaliación de competencias transversais
  • Problemas e dificultades no desenvolvemento de guías docentes
  • Uso de redes sociais e ferramentas da web 2.0
  • Aprendizaxe centrada no estudante
  • Xestión do tempo do alumno
  • Experiencias na aula
  • Ámbitos virtuais de aprendizaxe
  • Titorización
  • Desenvolvemento de contidos multimedia para a formación


C.A.C.T.I. | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf 1: +34 986 812 035 | Tlf 2: +34 986 813 596 | Fax 986 818 692 | xie2011@uvigo.es