1º CICLO DE VISITAS GUIADAS
Preinscrición pechada


Adega Terras Gauda
Coordinador: Emilio González Estévez
Data: 27 de novembro de 2009
Prazo de preinscrición: 23/10/2009 a 26/11/2009

Na Adega Terras Gauda, observarase o proceso de recollida da uva, a elaboración do viño, o tratamento en barrica e finalmente farase unha cata.

 
Roteiro pola cidade de Pontevedra
Coordinadora: Isabel M. Martín Moreno
Data: 22 de xaneiro de 2010

Farase un percorrido pola ciudade de Pontevedra, pasando pola Igrexa de Santa María, a parte momumental, a Igrexa da Peregrina, as ruínas de Santo Domingo, a Igrexa de San Bartolomé e o museo de Pontevedra.

Roteiro natural pola ría de Vigo
Coordinadores: Daniel Rey García e Francisco Ramil Blanco
Data: 12 de febreiro de 2010

Visitaranse os miradoiros da Peneda (Soutomaior), O Castro (Vigo) e Monteferro (Nigrán), que permitirán observar as diferenzas entre as zonas do interior, central e aberta da ría e enseada de Baiona. Na Ramallosa, poderanse contemplar ambientes típicos de marisma e praia, como zonas de actuación para a restauración de espazos dunares, como Canido. A saída completarase coa visita ao centro de investigacións de Toralla.

 
Vías e lugares galaicorromanos en Ourense: Aquis Querquennis e a Via Nova
Coordinador: Fermín Pérez Losada
Data: 12 de marzo de 2010

O primeiro en ver será "Via Nova ou Via romana Braga-Astorga" por Ourense no seu tramo Portela do Home-Riocaldo. A continuación "Villa-Mansio" de Os Cobelos en Riocaldo (Lovios). En Baños de Bande poderase contemplar unha "Mansio" e un campamento romano, que formaban parte dun antigo poblado de Aquis Querquennis e visitarase o Centro de Interpretación Via Nova. Por último en Freixo (Celanova) visitarase a ponte romana sobre o río Arnoia.