![]() A Universidade de Vigo ten como un dos seus fins prioritarios “Acada-las máximas cotas de calidade da docencia e investigación” (art.2 punto 2 dos Estatutos). Este compromiso de procura da excelencia e adecuación constante ás demandas do noso entorno social reflíctese na nosa participación, dende o ano 1998, na convocatoria do “Plan Nacional de Evaluación de la Calidad de las Universidades”, promovido polo Consello de Universidades, e no “ II Plan de Calidad de las Universidades” con todo un proxecto de Avaliación Institucional xeral e global. Proxecto fixado e establecido na Programación Plurianual 2001-2004, aprobada polo Claustro o 21 de xuño de 2001. O noso obxectivo central é implantar un sistema de calidade que asegure e posibilite os procesos de mellora continua en tódolos ámbitos: Docencia, Investigación e Servicios, contribuíndo así a garantir a eficiencia e eficacia dos recursos dispoñibles. En todo este proceso, a motivación, participación e compromiso dos membros da comunidade universitaria é fundamental para os logros que se poidan acadar.
|