Inicio

 

Benvidos á páxina web do Departamento de Bioloxía Funcional e Ciencias da Saúde

 

O departamento actualmente agrupa dez áreas de coñecemento de dita universidade: Anatomía e Embrioloxía Humana, Bioloxía Celular, Cirurxía, Fisioloxía, Fisioterapia, Mediciña, Mediciña Preventiva e Saúde Pública, Microbioloxía, Parasitoloxía e Radioloxía e Medicina Física.

O profesorado do departamento imparte docencia nas titulacións de Grao en Bioloxía, Grao en Ciencias do Mar e Grao en Enxeñaría Biomédica (campus de Vigo), Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte e Grao en Fisioterapia (campus de Pontevedra) e Grado en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e Grao en Ciencias Ambientais (campus de Ourense), e engloba diferentes grupos de investigación que participan en numerosos proxectos I+D+i, financiados tanto en convocatorias públicas competitivas (fondos FEDER, proxectos de investigación do Plan Nacional, Xunta de Galicia) como polo sector privado.