Universidade de Vigo
Introduction
Print

Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte

 

Plan de estudos autorizado por acordo do Consello de Ministros de 30 de outubro de 2009 (publicado no B.O.E. de 5 de xaneiro de 2010)

Titulación impartida desde o curso 2009-2010.

- Publicación do plan de estudos no BOE

- Publicación do plan de estudos no DOG

 

CENTRO RESPONSABLE

FACULTADE DE CC. DA EDUCACIÓN E DO DEPORTE              Tfno: 986 80 17 00

(Campus de Pontevedra)                                                     e-mail: This e-mail address is being protected from spam bots, you need JavaScript enabled to view it

Campus A Xunqueira, s/n                                                    Web: http://webs.uvigo.es/feduc

36005 Pontevedra

 

O novo grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte responde á conversión do sistema deportivo nun produto de mercado significativo nas sociedades contemporáneas, así como á actual promoción de estilos de vida activos e saudables, a través  da formación en eidos como o coñecemento e comprensión dos factores fisiolóxicos e biomecánicos que condicionan a práctica da actividade física e o deporte, dos factores comportamentais e sociais que condicionan a súa práctica, ou os efectos da mesma sobre a estrutura e función do corpo humano, entre outros.

 

Táboa resumo das materias do plan de estudos

 

Descrición da titulación

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas

Duración mínima: 4 anos

Prazas: 100

Linguas empregadas: castelán e galego

 

 CARÁCTER CRÉDITOS ECTS
 Formación básica60
Obrigatorios
126
Optativos
 30
Traballo Fin de Grao
6
 Prácticas externas
18
Totais
240

 

guía docente da titulación (visualizar)

 

Perfil de ingreso recomendado

Considérase un perfil de ingreso no referente a coñecementos, habilidades e capacidades de partida dun nivel de bacharelato. Máis concretamente, as características persoais e académicas recomendadas son: coñecementos básicos sobre bioloxía, anatomía humana, física, filosofía e historia; interese pola práctica da actividade física e o deporte; inquietude e curiosidade sobre as manifestacións da motricidade e o deporte; habilidades básicas deportivas e dominio do corpo; sensibilidade para recoñecer as limitacións dos demais e facilitar a súa aprendizaxe.

 

Prácticas externas / practicum

As prácticas externas ou practicum, de 18 créditos ECTS, inclúense para complementar a formación profesional do alumnado. O seu obxectivo é que os estudantes tomen contacto co campo profesional nos seus diferentes ámbitos. Para poder cursalo, haberá que ter superados os 60 ECTS de formación básica, os 60 ECTS de materias obrigatorias e 18 ECTS de optativas.

 

Obxectivos

-Coñecer e comprender os fundamentos do deporte.

-Coñecer e comprender os factores fisiolóxicos e biomecánicos que condicionan a práctica da actividade física e o deporte.

-Coñecer e comprender os efectos da práctica do exercicio físico sobre a estrutura e función do corpo humano.

-Coñecer e comprender os fundamentos do exercicio físico, xogo motor, danza, expresión corporal e actividades na natureza.

 

Traballo de Fin de Grao

O Traballo de Fin de Grao, que constitúe 6 créditos ECTS, pode ir vinculado ás prácticas. Para cursalo hai que ter superados 210 créditos ECTS. O seu obxectivo é verificar a adquisición dos contidos específicos e transversais, así como as competencias básicas para o exercicio da profesión nos seus diferentes ámbitos.

 

Saídas profesionais

-Docencia da Educación Física.

-Ensino e adestramento deportivo.

-Preparación física de deportistas e equipos.

-Xestión e recreación deportiva.

-Actividade física para a saúde.

 

Mobilidade

A organización das asignaturas, na que a optatividade se axusta principalmente ao primeiro cuadrimestre do cuarto curso, fai prever que sexa este un dos períodos preferentes para solicitar unha bolsa. A mobilidade de estudantes céntrase nos programas SICUE (Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios Españois) e Erasmus, no ámbito europeo. Dentro do programa SICUE, a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte ten acordos con cinco universidades españolas, polo que ofrece un total de dez prazas. No que respecta ao programas Erasmus, a Facultade ten acordos con nove universidades de cinco países europeos, o que conforma unha oferta de 18 prazas.

 

Trátase dun documento elaborado pola Universidade no que figura o plan de estudos autorizado por acordo do Consello de Ministros de 29 de agosto de 2008 (publicado no B.O.E. de 26 de setembro de 2008).

Na memoria inclúese a seguinte información: obxectivos da titulación, criterios de admisión de estudantes, planificación das ensinanzas, recursos dispoñibles, calendario de implantación, etc.