| Grao en Administración e Dirección de Empresas |
|
|
GRAO EN ADMINISTRACIÓN E DIRECCIÓN DE EMPRESAS
O obxectivo central do título de grao en ADE inclúe unha tripla perspectiva: o estudo das organizacións, a súa xestión e o entorno cambiante no que desenvolven as súas actividades, a formación de profesionais capaces de desempeñar tarefas de xestión, asesoramento e avaliación nas organizacións produtivas, e a unión das competencias aprendidas e o desenvolvemento persoal para contribuír á sociedade, labores a desenvolver no ámbito global da organización ou en calquera das súas áreas funcionais: produción, recursos humanos, financiamento, comercialización, inversión, administración ou contabilidade. CENTRO RESPONSABLE FACULTADE DE CC. EMPRESARIAIS E TURISMO Tfno: 988 36 87 00 (Campus de Ourense) e-mail:
This email address is being protected from spam bots, you need Javascript enabled to view it
Campus Universitario As Lagoas s/n Web: http://fcetou.uvigo.es 32004 Ourense
FACULTADE DE CC. ECONÓMICAS E EMPRESARIAIS Tfno: 986 81 24 00 (Campus de Vigo) e-mail:
This email address is being protected from spam bots, you need Javascript enabled to view it
Campus Universitario Lagoas - Marcosende Web: http://fccee.uvigo.es 36200 Vigo
Táboa resumo das materias do plan de estudos (Vigo) Táboa resumo das materias do plan de estudos (Ourense)
Descrición da titulación Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas Duración mínima: 4 anos Prazas: 120 (Ourense); 360 (Vigo) Linguas empregadas: castelán e galego
ourense - guía docente da titulación (visualizar)
vigo - guía docente da titulación (visualizar)
Perfil de ingreso recomendado Non se esixe formación específica previa para cursar esta titulación. En calquera caso, recoméndaselles o acceso a este grao aos estudantes interesados no campo da xestión de organizacións, tanto empresariais como de calquera outro tipo, e que posúan algúns dos seguintes trazos: -Motivación e interese polo mundo da economía e a empresa. -Iniciativa e espírito de liderado para crear e xestionar negocios xeradores de emprego. -Dinamismo para enfrontarse a problemas e propoñer solucións. -Capacidade para integrar e dirixir equipos humanos.
Prácticas externas Son de carácter optativo e constitúen un máximo de 12 créditos ECTS que se poderán validar por créditos optativos. As prácticas poderán realizarse en empresas do noso entorno ou en países estranxeiros. A Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense dispón de 117 convenios asinados. Pola súa banda, a Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo atópase entre os centros da Universidade que maior volume de prácticas xera.
Obxectivos -Ter amplos coñecementos e comprender as distintas áreas das empresas e a súa xestión coñecendo as relacións entre elas, as súas funcións e importancia. -Ter unha visión da empresa e a súa xestión influenciada por unha variedade de recursos educativos incluíndo aprendizaxe titorizada, traballo en equipo e estudo autónomo. -Capacidade para desenvolver e aplicar as propias perspectivas aos estudos, xestionar a incerteza e a complexidade, explorar solucións alternativas, demostrar avaliación crítica e ser quen de integrar a teoría e a práctica nun amplo rango de situacións.
Traballo de Fin de Grao A Facultade poderá ofertar Traballos de Fin de Grao para a súa realización en ambos semestres do cuarto curso Para realizalo, os estudantes deberán ter superados os 60 créditos de formación básica e os 132 de formación obrigatoria. Para realizalo poderase requirir, en certos casos, ter superada algunha asignatura optativa concreta. Fomentarase a posibilidade de que tanto a memoria como a defensa do traballo se realicen nalgunha lingua estranxeira.
Saídas profesionais -Produción. -Recursos humanos. -Financiamento. -Comercialización. -Investimento. -Administración. -Contabilidade.
Mobilidade A estrutura do plan de estudos, no que a optatividade se concentra no primeiro e segundo cuadrimestre do cuarto curso, fai prever que será nese momento cando se produza a mobilidade. Isto facilita que os estudantes poidan optar por unha temporalidade anual ou semestral, dependendo das súas circunstancias persoais. A mobilidade de estudantes na Facultade de CC. Económicas e Empresariais articúlase en torno a cinco programas: o programa SICUE-Séneca (Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios Españois), que ofrece 59 prazas repartidas entre 17 universidades; o programa LLP-Erasmus, con 93 prazas repartidas en 47 universidades; o programa ISEP, que ofrece prazas de intercambio en 130 universidades americanas; as bolsas de intercambio propias, que ofrecen prazas en 40 universidades estranxeiras, principalmente de América Latina; e, finalmente, o programa AFECA, un programa intensivo de Contabilidade e Auditoría no que se realizan casos prácticos.
Trátase dun documento elaborado pola Universidade no que figura o plan de estudos autorizado por acordo do Consello de Ministros de 29 de agosto de 2008 (publicado no B.O.E. de 26 de setembro de 2008). Na memoria inclúese a seguinte información: obxectivos da titulación, criterios de admisión de estudantes, planificación das ensinanzas, recursos dispoñibles, calendario de implantación, etc.
|
|||||||||||||||





Undergraduate programmes 2009/2010 
