Presentación

No curso 2010/11 celebramos que esta Escola leva formando titulados en Enxeñaría de Telecomunicación en Galicia dende fai 25 anos.
O 2 de novembro de 1985 comezaron a impartirse as clases da titulación de Enxeñaría de Telecomunicación sendo a terceira escola de España na que se podían cursar estes estudos.
Para celebrar este 25 aniversario, dende o equipo directivo estamos a organizar diferentes eventos que iremos anunciando nesta web e que comezarán o venres 29 de outubro.

Ese día haberá un acto protocolario ó que invitaremos ás autoridades autonómicas, locais, universitarias, empresas do sector ... Pero, por riba de todo, ese día gustaríanos contar cunha boa representación dos mais de 2500 titulados da nosa Escola.
Pola noite, organizamos unha cea para poder compartir experiencias ó redor da mesa e fomentar o encontro das distintas promocións. Gustaríanos que viñeses así que che pedimos que te inscribas nesta páxina, de xeito que saibamos con canta xente contamos para buscar o mellor sitio para todos.
Iremos actualizando o programa dos actos dese día ("Axenda"), a información sobre a cea que estará dispoñible na pestana de "Novas", e sobre hoteis para pasar a noite e demáis, que atoparedes na pestana de "Aloxamento". Para calquera outra información, podes contactar con nós a través do enderezo electrónico:
teleco.25anosvigo@uvigo.es

Recibide un cordial saúdo e vémonos o 29 de outubro en Vigo.

O equipo directivo da ETSE de Telecomunicación de Vigo