  

 
 
 
 
 
 |
Formación dun corpus
informatizado
de fala bilingüe
galego / castelán
Este proxecto incorpora
os seguintes aspectos esenciais:
- Lingüística
de corpus: a formación de corpus para a investigación
lingüística está en plena expansión nas
distintas disciplinas que estudian a linguaxe. Isto é así
porque un corpus permite operar sobre a base de datos reais de lingua,
axeitadamente representativos, e de acceso inmediato gracias ós
programas informáticos de automatización dos mesrnos.
- Estudio da lingua
falada: centrándonos na fala, na lingua falada tal cal
esta se manifesta nos milleiros de conversas da nosa vida cotiá,
moi especialmente nas interaccións cara a cara. As variedades
estudiadas serán pois predominantemente coloquiais.
- Estudio das variedades
bilingües coloquiais: interésanos concretamente a
fala bilingüe. Dentro das variedades coloquiais de Galicia é
moi frecuente a adopción dun estílo conversacional bilingüe.
Ademais, o repertorio verbal bilingüe inclúe variedades
estructuralmente mixtas.
- Estudio do bilingüísmo
e contacto lingüístico galego / castelán: de
acordo co punto precedente, a través da nosa base de datos
poderemos estudiar básicamente dous tipos de fenómenos:
A) a adopción
dun estilo conversacional bílíngüe vai supor a
aparición de fenómenos de relevancia pragmática,
como é o code-switching ou alternancia de códigos, fenómeno
inserto nos procesos conversacionais da negociación da escolla
de código e, de maneira xeral, na creación conversacional
das identidades dos participantes;
B) nas variedades
estructuralmente mixtas atoparemos fenómenos de interés
gramatical (como o code-mixing e as interferencias) ou léxico
(os préstamos). A análise do code-mixing conleva atopar
as restriccións gramaticais da fala bilingüe. A análise
das interferencías e préstamos supón unha perspectiva
diacrónica e, xa que logo, un rastreo dos procesos de reorganización
formal dos sistemas lingüísticos en contacto.
- Aplicación
LIDES (Language Interaction Data Exchange System)
á nosa base de datos bilingües: elaborado polo grupo de
investigación LIPPS
(Language Interaction in Plurilingual and Plurilectal Speakers), que
é unha rede europea representada en España polo grupo
da profesora Melissa Moyer, da Univ. Autónoma de Barcelona.
0 LIDES é unha adaptación do clásico CHILDES
para a análise da fala, e está sendo aplicado por varios
grupos de investigación europeos a diferentes corpus de datos
bilingües. Deste xeito, o noso corpus pasará a formar
parte da base de datos internacional do LIDES, cousa que permitirá
estudiar o bilingüismo galego / castelán en contraste
con outras situacións bilinguies do mundo. Sinalemos que o
LIDES permite tanto o tratamento cualitativo como cuantitativo dos
datos a través do paquete de ferramentas CLAN.
|