Salustiano Mato de la Iglesia
Doutor en Bioloxía pola Universidade de Santiago
en 1986, é dende o ano 2000 catedrático de
Zooloxía do Departamento
de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo,
institución da que foi Vicerreitor de
Investigación dende
maio de 1998 deica agosto de 2005. Iniciou a súa
carreira
investigadora no campo da bioloxía e
faunística
de
miñocas de Galicia, participando en diversos proxectos de
inventario e catalogación de invertebrados terrestres. No ano
1988, a volta das súas estadías nas universidades estadounidenses de
Rutgers e Cornell, iniciou a súa actual liña de investigación de Biotecnoloxía do Compostaxe. Esta liña de traballo está centrada na investigación, desenrolo e innovación de sistemas de Tratamento de Residuos Orgánicos nos que prime un
correcto desenvolvemento do proceso biolóxico fronte a
criterios únicamente tecnolóxicos. Froito deste traballo
xordiron novos sistemas de control, monitorización e automatización de Biorreactores de Compostaxe, así coma
diversas publicacións científicas e
técnicas, e tres patentes de invención. A finais de agosto de
2005,
Salustiano Mato foi elexido Director
Xeral de I+D+i da Xunta
de
Galicia,
cargo que ostentou deica maio de 2009. No ano 2010, foi elixido Reitor
da Universidade de Vigo, cargo que ostenta na actualidade.

