Catálogos de linguas
- Geonative.
Páxinas dedicadas á información sobre linguas minoritarias. En éuscaro e inglés. Ten unha sección de enlaces sobre o País Basco.
- The Ethnologue Database.
13ª edición. Catálogo con información sobre máis de 6.700 linguas faladas en 228 países e outros datos sobre estes países. Ten unha clasificación das linguas por familias.
- Linguas e literatura.
Recursos en case tódalas linguas do mundo. Da Páxina das Linguas Humanas.
- Babel.
Contén unha lista coas linguas máis faladas no mundo con outros detalles; a Páxina da Francofonía, con enlaces; como desenvolver unha páxina multilingüe; que hai de novo na Internet: acceso a empresas e centros docentes, páxinas persoais, publicacións. Esta páxina pódese ler en inglés, francés, italiano, alemán, español, sueco e portugués.
- Universal Survey of Languages.
Ten unha lista de linguas con información xeral, arquivos de son, gramática, etc. É un proxecto que se está a desenvolver e aínda non cobre moitas linguas, ten algo máis de trinta.
- Yamada Language Guides.
Listado dun bo número de linguas con cadanseus recursos.
- LingNet.
Nesta páxina podemos atopar recursos sobre un gran número de linguas. Outros servicios só son accesibles para usuarios autorizados.