Proxectos de investigación
Áreas de investigación
- Aplicacións lingüísticas da informática
- Verificación automática da ortografía, da sintaxe e do estilo
- Tradución automática e ferramentas informáticas de axuda á tradución
- Lingüística de corpus e estudos de tradución baseados en córpora
- Lexicografía e terminoloxía computacional
Proxectos de investigación subvencionados
- Proxecto: Multilingual Central Repository 2.0: TALG. Subvenciona: Ministerio de Ciencia e Innovación, Proyectos de Investigación Fundamental, Subprograma de Acciones Complementarias, 2009 (ref. FFI2009-08317-E/FILO).
- Proxecto: Desenvolvemento e explotación de recursos integrados da lingua galega. Proxecto coordinado co Instituto da Lingua Galega. Subvenciona: Consellería de Innovación e Industria, Xunta de Galicia, Programa de promoción xeral de investigación do Plan galego de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica (Incite), 2008-2011 (ref. INCITE08PXIB302185PR).
- Proxecto: Deseño e implementacion dun servidor de recursos integrados para o desenvolvemento de tecnoloxías da lingua galega (RILG). Proxecto coordinado co Instituto da Lingua Galega. Subvenciona: Ministerio de Educación y Ciencia, Plan Nacional de I+D+I, 2006-2009 (ref. HUM2006-11125-C02-01/FILO).
- Proxecto: Eixopentrad: Tradución automática avanzada de código aberto para as linguas de Galicia e Portugal. Subvenciona: Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, Xunta de Galicia, 2006-2007 (ref. PGIDIT06SIN076E).
- Proxecto: Europentrad: Traducción automática avanzada de código abierto para la integración europea de las lenguas del estado español. Subvenciona: Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, Plan Nacional de I+D+I, 2006 (ref. FIT-350401-2006-5).
- Proxecto: Traducción automática de código abierto para las lenguas del estado español. Subvenciona: Ministerio de Industria, Turismo y Comercio, Plan Nacional de I+D+I, 2004-2005 (ref. FIT-340101-2004-3 e FIT-340001-2005-2).
- Proxecto: Estudo de necesidades e xeración de recursos e ferramentas intelixentes en xestión da información e enxeñería lingüística para a mellora das empresas exportadoras galegas. Subvenciona: Xunta de Galicia, Programa de Tecnoloxías da Información e as Comunicacións do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2003 (ref. PGIDIT03TIC22E), 2003-2005.
- Proxecto: Procesamento lingüístico-computacional do Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo (CLUVI). Subvenciona: Ministerio de Ciencia y Tecnología, Plan Nacional de I+D+I, 2002-2005 (ref. BFF2002-01385).
- Proxecto: Estudo e adquisición de recursos básicos de lingüística computacional do galego para a elaboración e mellora de aplicacións informáticas de tecnoloxía lingüística. Subvenciona: Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, Xunta de Galicia, 2001-2004 (ref. PGIDT01TICC06E).
- Proxecto: Desenvolvemento e aplicación de técnicas de análise lingüístico-computacional de corpus orais e escritos para o procesamento do CLUVI (Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo). Subvenciona: Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, Xunta de Galicia, 2001-2003 (ref. PGIDT01PXI30203PR).
|