Vocabulario terminolóxico trilingüe (galego-español-inglés) das artes gráficas: maquinaria e ferramentas do obradoiro de encadernación

Volver á Páxina Principal do Vocabulario das artes gráficas
Volver á Páxina Principal do Seminario de Lingüística Informática
 

t-v


168 táboa de prensar [loc.s.f.]

Vex. taboleiro


169 taboleiro [s.m.]

Prancha pequena de folla de lata, cartón ou madeira dura, preferentemente de faia, de diversos tamaños, que se coloca nos planos do libro para suxeitalo na prensa nas operacións de pintar, dourar e brunir cortes.

SIN. táboa de prensar

(ES) chilla, tabla de prensar, tablero

(EN) gilding board, shingle


170 tallador [s.m.]

Coitela que se utiliza para cortar materias laminadas brandas, como coiro, cartón, chapa de chumbo, etc.

(ES) tajador

(EN) chopper, chopping tool


171 talladora [s.f.]

Vex. cortante


172 tallo [s.m.]

Soporte de base rectangular, cunha cara perpendicular á base e a outra lixeiramente en declive, xeralmente de madeira, que serve para suxeita-lo libro nas operacións de doura-las contratapas.

SIN. cepo

(ES) tajo, pilote

(EN) chopping block


173 tamborete [s.m.]

Cacho de madeira cadrado e plano na súa cara inferior, que se emprega, rodeado de papel, para baixa-las letras e deixalas todas á mesma altura.

(ES) tamborilete

(EN) planer, type-planer


174 tarro da cola [loc.s.m.]

Recipiente para prepara-la cola quente, que se compón de dous contedores: un de ferro fundido, onde se coloca a cola; e outro maior que contén ó primeiro e se enche con auga.

(ES) cazo de cola, olla para cola, tarro de pasta

(EN) gluepot


175 tear [s.m.]

Armazón de listóns de madeira e barras delgadas de metal ou madeira que se utiliza para cose-los libros e ten como finalidade situar e tensa-los cordeis que conforman a costura.

(ES) telar

(EN) sewing frame


176 teiroa [s.f.]

Columna ou guía vertical e paralela da prensa horizontal, unida a outra na súa base pola parte inferior da prensa e na súa parte superior por outra peza que fai de ponte ou traveseiro, deixando que a platina para o prensado corra verticalmente por elas.

(ES) telera, virgen

(EN) brace

Vex. PRENSA


177 tenaces de nervios [loc.s.f.pl.]

Vex. tenazas de nervios


178 tenazas de nervios [loc.s.f.pl.]

Pinzas de caras planas que se utilizan para cinguir, formar ou resalta-los nervios.

SIN. tenaces de nervios

(ES) entenallas, tenazas de nervios

(EN) band-nippers, cutting nippers, cutting pliers


179 tensor de fíos [loc.s.m.]

Vex. disco tensor de fíos


180 tesoira [s.f.]

Ferramenta para cortar formada por dúas pezas en cruz que se unen por un punto central arredor do que xiran e que se colllen cos dedos das mans pola parte posterior.

SIN. tesoiras

(ES) tijeras

(EN) scissors, shears


181 tesoiras [s.f.pl.]

Vex. tesoira


182 tipo de imprenta [loc.s.m.]

Carácter movible en forma de paralelepípedo que utiliza o dourador para a rotulación de letras nos lombos, que el mesmo xunta formando as palabras.

SIN. carácter tipográfico

(ES) tipo, letra de punzón, letra

(EN) type, letter piece


183 varal [s.m.]

Vex. colgadoiro


184 vasoiriña [s.f.]

Vex. cepillo para xaspear