Vocabulario terminolóxico trilingüe (galego-español-inglés) das artes gráficas: maquinaria e ferramentas do obradoiro de encadernación

Volver á Páxina Principal do Vocabulario das artes gráficas
Volver á Páxina Principal do Seminario de Lingüística Informática
 

r-s


158 rascadeira [s.f.]

Ferramenta semellante a un cicel gornecido de dentes que serve para rasca-lo lombo de maneira que facilite a entrada da cola entre os cadernos.

(ES) rascador

(EN) squeegee


159 raspadeira [s.f.]

Ferramenta empregada nas operacións de dourado de cortes para raspa-los bordos dun libro, consistente nunha folla afiada e curva por unha das súas beiras.

(ES) raspador, raspadora, rasqueta,

(EN) scraper, eraser knife


160 redondeador [s.m.]

Vex. curvador


161 redondeadora de lombos [loc.s.f.]

Máquina para dar forma convexa ós lombos dos bloques dos libros.

(ES) redondeadora de lomos

(EN) back rounding machine


162 regra [s.f.]

Ferramenta de aceiro doce puído que se emprega como guía cando se corta en liña recta co tallador.

(ES) regla

(EN) rule


163 roda [s.f.]

Ferro para dourar ou gofrar en forma de disco circular que xira sobre un eixe e, en quente, reproduce repetidamente, sobre as cubertas dos libros, o motivo que leva gravado.

(ES) rueda, rueda de dorar

(EN) gilding roll, finishing roll

Vex. FERRIÑO


164 rodete [s.m.]

Ferramenta cilíndrica que se utiliza para xaspea-los cortes dun libro.

SIN. rodo

(ES) rodillo

(EN) roller


165 rodo [s.m.]

Vex. rodete


166 serrón [s.m.]

Serra de folla ancha empregada en encadernación para realizar sucos no lombo do libro para cadenetas e cordeis.

(ES) serrucho

(EN) saw


167 subela [s.f.]

Ferramenta consistente nun ferro de punta fina inserto nun mango de madeira que se emprega para facer buratos.

(ES) lezna, lesna, subilla

(EN) awl, cobbler's awl