Vocabulario terminolóxico trilingüe (galego-español-inglés) das artes gráficas: maquinaria e ferramentas do obradoiro de encadernación Volver á Páxina Principal do Vocabulario das artes gráficas
Volver á Páxina Principal do Seminario de Lingüística Informática
Introducción Este traballo formou parte da tese de licenciatura de Belén Souto García dirixida polo Dr. Alberto Álvarez Lugrís, que foi defendida o 6 de febreiro de 2002 na Universidade de Vigo. Á elaboración deste traballo contribuiu o Catedrático Manuel González González, director de Termigal (Servicio de Terminoloxía Galega) no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades da Xunta de Galicia, onde a autora participou como bolseira investigadora no proxecto de terminoloxía científico-técnica dende xullo de 1999 ata marzo de 2002.
Normas de uso do vocabulario As entradas do vocabulario aparecen ordenadas alfabeticamente polos termos principais en galego, que se caracterizan por estaren en negra. Todos eles veñen acompañados inmediatamente da categoría gramatical (recollida entre parénteses cadradas), da súa definición e dos seus sinónimos en galego (en negra e precedidos da abreviatura SIN). De seguido aparecen os termos equivalentes en español (precedidos da abreviatura ES) e inglés (precedidos da abreviatura EN). Ademais, ó final dalgunhas fichas aparecen as remisións a outros termos galegos (en cursiva e precedidos da abreviatura Véx., por Véxase), que cando se trata dun termo en minúscula refírese a un sinónimo do termo principal ó que remite, e cando vai en maiúscula remite a un termo relacionado conceptualmente con este da maneira que vén expresada na definición.
Volver
á Páxina Principal do Vocabulario das artes gráficas
Volver
á Páxina Principal do Seminario de Lingüística
Informática