Vocabulario terminolóxico trilingüe (galego-español-inglés) das artes gráficas: maquinaria e ferramentas do obradoiro de encadernación

Volver á Páxina Principal do Vocabulario das artes gráficas
Volver á Páxina Principal do Seminario de Lingüística Informática
 

g-l


86 gobelo [s.m.]

Vex. gobia


87 gobia [s.f.]

Ferramenta manual de corte de media cana que empregan os gravadores, etc. para cortar e labra-la madeira.

SIN. gobelo

(ES) gubia

(EN) gouge


88 guía [s.f.]

Dispositivo da pregadora constituído por dous elementos principais: un tope fixo que se pode desprazar segundo interese e unha peza que facilita a colocación correcta do prego no tope.

(ES) guía, escuadra

(EN) guide, guide board

Vex. PREGADORA


89 guillotina [s.f.]

Máquina usada para cortar papel, constituída por unha coitela vertical, guiada entre un bastidor de ferro e accionada manualmente ou por un motor.

(ES) guillotina

(EN) paper trimming machine, paper cutter, paper trimmer, cutting machine


90 guillotina trilateral [loc.s.f.]

(ES) guillotina trilateral

(EN) three-knife trimmer, three-sided cutting machine, three-knife cutting machine, three-edge cutter

Vex. guillotina


91 laminador [s.m.]

Máquina, que consta de dous rodos que xiran en sentido contrario, para prensa-lo conxunto de pregos dun libro antes de encadernalos.

(ES) laminador

(EN) rolling machine


92 lanceta [s.f.]

Vex. bisturí


93 lesna [s.f.]

Vex. punzón


94 lima [s.f.]

Ferramenta formada por unha barra de aceiro con bordos cortantes, que actúa por frotamento e serve para desbastar, puír ou alisar.

(ES) lima

(EN) file


95 lingüeta [s.f.]

Parte da coitela, formada por unha folla de aceiro que se usa para cortar papel.

(ES) lengüeta, lengua

(EN) plow knife

Vex. COITELA2


96 listón redondeado [loc.s.m.]

Vex. curvador


97 lixadora [s.f.]

Ferramenta de madeira, fina, que serve para lixa-los lombos ou os cantos dos cartóns.

(ES) lija, lija de madera

(EN) sander