Vocabulario terminolóxico trilingüe (galego-español-inglés) das artes gráficas: maquinaria e ferramentas do obradoiro de encadernación Volver á Páxina Principal do Vocabulario das artes gráficas
Volver á Páxina Principal do Seminario de Lingüística Informática
ch-d
57 chapa de cinc [loc.s.f.]
Prancha de cinc que se coloca debaixo do material que se corta co tallador.
SIN. chapa de zinc
(ES) chapa de cinc, plancha de cinc
(EN) zinc plate58 chapa de folla de lata [loc.s.f.]
Vex. chapa estañada
59 chapa de zinc [loc.s.f.]
Vex. chapa de cinc
60 chapa estañada [loc.s.f.]
Chapa de ferro estañado de case 0,5 mm de grosor, forrada con papel, que serve para colocar dentro das pranchas cando se prensan os libros.
SIN. chapa de folla de lata
(ES) chapa de hojalata, placa de estaño
(EN) tinplate61 chifla [s.f.]
Vex. coitelo de aprimar
62 dente de lobo [loc.s.m.]
Brunidor de ágata que usan os douradores para puli-los cortes, chamado así pola súa forma tan característica.
SIN. brunidor de ágata
(ES) diente de lobo, bruñidor de ágata
(EN) tooth burnisher, agate burnisherVex. BRUNIDOR
63 disco tensor de fíos [loc.s.m.]
Disco do tear que serve para tensa-lo fío que se usa para coser.
SIN. tensor de fíos
(ES) disco tensor del hilo, tensor de hilo
(EN) thread tension disk, thread tensionerVex. TEAR
64 dobradoira [s.f.]
Ferramenta de madeira, óso, marfil, etc, en forma de coitelo, preferentemente de forma lanceolada, que se emprega para o pregado manual.
(ES) plegadera
(EN) paperknife, folding stick, bonefolder65 dourador de curvas [loc.s.m.]
Ferro de dourar para trazar liñas curvas.
(ES) arquillo
(EN) curved finishing toolVex. FERRO