Vocabulario terminolóxico trilingüe (galego-español-inglés) das artes gráficas: maquinaria e ferramentas do obradoiro de encadernación Volver á Páxina Principal do Vocabulario das artes gráficas
Volver á Páxina Principal do Seminario de Lingüística Informática
b
12 badana de asentar [loc.s.f.]
Vex. asentador
13 barra [s.f.]
Vex. barra de presión, PRENSA
14 barra de presión [loc.s.f.]
Panca de ferro da prensa que serve para facer presión e se acciona cun manguiño de madeira que leva no extremo.
SIN. premedora, barra
(ES) barra de presión, barra
(EN) clamping bar, pressure bar, barVex. PRENSA
15 barrena [s.f.]
Barra de ferro ou aceiro coa punta en espiral, que se emprega en máquinas de facer buracos, dándolle un movemento circular.
(ES) broca
(EN) drill bit, bit16 bastidor [s.m.]
Armazón de madeira onde se cosen, a man, os pregos dun libro.
SIN. cosedor
(ES) bastidor, cosedor, marco
(EN) sewing frame, sewing bench, sewing press, sewing rack17 bebedoiro [s.m.]
Recipiente vernizado ou de louza, de forma oblonga, que empregaba o dourador para mete-lo mordente ou clara de ovo para asenta-lo pan de ouro.
(ES) bebedero, bebedero para pájaros, abrevadero
(EN) drinking trough, water bowl18 berbequí [s.m.]
Ferramenta constituída por unha manivela en forma de C cunha barrena no extremo inferior, utilizada para facer furados.
(ES) berbiquí, broca
(EN) carpenter's brace19 bisturí [s.m.]
Ferramenta en forma de coitelo pequeno moi afiado que utilizaba o dourador para corta-los pans de ouro.
SIN. lanceta
(ES) bisturí, lanceta
(EN) scalpel, lancet20 bolsa pregadora [loc.s.f.]
Bandexa da pregadora, onde se dobran os pregos.
(ES) bolsa plegadora
(EN) fold plate, folding pocket, bucket plateVex. PREGADORA
21 brocha de cola [loc.s.f.]
Utensilio formado por un feixe de pelos suxeitos a un mango, que se emprega para estende-la cola por unha superficie.
(ES) brocha para cola, brocha para empastar
(EN) glue brush22 brunidor [s.m.]
Ferramenta constituída por un mango de madeira e pedra de ágata, de forma plana ou curva ou de dente de lobo, que se usa para abrillanta-los cortes dos libros.
(ES) bruñidor
(EN) burnisher, polisher23 brunidor de ágata [loc.s.m.]
Vex. dente de lobo, BRUNIDOR
24 buril [s.m.]
Ferramenta de ferro, delgada e con punta, empregada para gravar no coiro.
(ES) buril, cincelito
(EN) burin, graver, etcher´s needle, engraver's chiselVex. PUNZÓN
25 burro [s.m.]
Armazón de madeira en forma de caixón usado como soporte polos encadernadores para a prensa de enlombar e cortar.
SIN. cabalete
(ES) burro, caballete, chibalete
(EN) trestle, book press