Vocabulario terminolóxico trilingüe (galego-español-inglés) das artes gráficas: maquinaria e ferramentas do obradoiro de encadernación

Volver á Páxina Principal do Vocabulario das artes gráficas
Volver á Páxina Principal do Seminario de Lingüística Informática
 

a


1 aceiteira [s.f.]

Recipiente para o aceite de noz que utiliza o dourador para sentar ben o ouro.

(ES) alcuza

(EN) oilcan


2 achaiador [s.m.]

Vex. achanzador


3 achanzador [s.m.]

Cicel para aplana-lo fondo dun motivo co fin de resalta-lo relevo, que se emprega para o traballo de repuxado do coiro.

SIN. achaiador

(ES) aplanador

(EN) finishing burin, flattener


4 afiadoira [s.f.]

Pedra para afiar instrumentos cortantes ou repasa-lo fío para rebaixa-las peles.

SIN. pedra de afiar

(ES) afiladera, muela, piedra afiladora, amoladera

(EN) grindstone, whetstone


5 agulla de encadernar [loc.s.f.]

Ferramenta de aceiro coa punta curvada de 7 cms de longo e 1,5 mm de largo para cose-los caderniños.

(ES) aguja de encuadernar, aguja de encuadernador, aguja de punta roma, aguja

(EN) binding needle, stitching needle, bookbinder´s needle


6 agulleteira [s.f.]

Máquina para aplicar ollais metálicos de reforzo ós buratos dos papeis ou cartóns.

(ES) ojetera

(EN) eyeletting machine


7 alisador [s.m.]

Ferramenta provista dun mango, que ten a forma do lombo do libro en oco e que serve para remata-la súa forma e cinxi-la lombada.

(ES) alisador, alisalomos

(EN) smoothing tool, smoothing blade, back smasher


8 almofadiña [s.f.]

Instrumento formado por unha prancha rectangular ou case cadrada, cuberta cunha pel de becerro de 30x30 cm, usado polo dourador para gardar, colocar, cortar e manipula-lo ouro en pans para aplicalo na ornamentación e rotulación do libro.

SIN. almofadiña de dourar

(ES) almohadilla de dorar, almohadilla

(EN) gilding cushion


9 almofadiña de dourar [loc.s.f.]

Vex. almofadiña


10 alzadora [s.f.]

Máquina empregada para alza-los pregos de forma automática.

(ES) alzadora, máquina de alzado, máquina alzadora, máquina de alzar

(EN) gathering machine, assembling machine, collating machine


11 asentador [s.m.]

Correa untada de graxa que se usa para suaviza-lo gume das ferramentas.

SIN. badana de asentar

(ES) afilador

(EN) strop, razor strop