[logotipo da Universidade de Vigo]
Universidade de Vigo

GLOSARIO DE TERMOS DA INTERNET

(galego-inglés-castelán-portugués)

 
Introducción
Estructura
Índices por linguas
Bibliografía
Autora
 
A B C
D E F
G H I
J K L
M N Ñ
O P Q
R S T
U V W
X Y Z

i

 

(GL) icona (f)
Imaxe de pequeno tamaño que representa unha aplicación, páxina web ou outro recurso, que ilustra a función ou información que hai tras ela
(EN) icon
(ES) [Esp] icono; [Hisp] ícono
(PT) ícone

(GL) impacto (m)
Cada unha das peticións de ficheiros que se producen nun servidor ou ordenador ó visitar unha páxina web
(EN) hit
(ES) acceso, impacto
(PT) hit

(GL) inicio (m)
Enlace desde calquera páxina dun sitio web á páxina principal do mesmo
(EN) home
(ES) inicio
(PT) início

(GL) interface (f)
1. Modo (texto ou gráfico) de comunicación entre unha aplicación e o usuario
2. Conexión física e funcional entre dous aparellos ou sistemas independentes
(EN) interface
(ES) interfaz
(PT) interface

(GL) intermercial (m)
Secuencia curta de imaxes de vídeo que aparece entre dúas páxinas web e que pretende enche-lo tempo de espera
(EN) intermercial [interactive + commercial]
(ES) intermercial
(PT) anúncio separador, intermercial

(GL) internauta (s)
Persoa que navega na Internet
(EN) internaut
(ES) internauta
(PT) internauta

(GL) Internet (f)
Rede mundial de ordenadores conectados entre si, que intercambian información e que naceu como experimento do Ministerio de Defensa estadounidense
(EN) Internet
(ES) Internet
(PT) Internet

(GL) intranet (f)
Rede interna de institucións que usa os mesmos mecanismos que a rede Internet para distribuír información corporativa e que adoita estar montada sobre redes propias, protexidas do exterior mediante barreiras de control
(EN) intranet
(ES) intranet
(PT) intranet

(GL) IP (protocolo Internet) (m)
Protocolo que ten como función o encamiñamento dos paquetes entre dous sistemas que usan o protocolo TCP/IP
(EN) IP (sigla de «Internet Protocol»)
(ES) IP (Protocolo Internet)
(PT) IP (Protocolo Internet)

(GL) IRC (m)
Aplicación da Internet que permite manter diálogos escritos, en tempo real, entre varios/as usuarios/as a través da Internet
(EN) IRC (sigla de «Internet Relay Chat»)
(ES) IRC
(PT) IRC

(GL) ISO (Organización internacional de normalización) (f)
Organización internacional formada por órganos de varios países que establece patróns industriais de aceptación mundial en diversos eidos
(EN) ISO (sigla de «International Standards Organization»)
(ES) ISO (Organización Internacional de Normalización)
(PT) ISO (Organização Internacional de Normalização)

(GL) ISP (provedor de servicios Internet) (m)
Empresa que fornece servicios de acceso á Internet
(EN) ISP (sigla de «Internet Service Provider»)
(ES) ISP (Proveedor de Servicios Internet)
(PT) ISP (Fornecedor de Acesso à Internet)


[ Arriba ]
© 2001 Ana Hermida