[logotipo da Universidade de Vigo]
Universidade de Vigo

GLOSARIO DE TERMOS DA INTERNET

(galego-inglés-castelán-portugués)

 
Introducción
Estructura
Índices por linguas
Bibliografía
Autora
 
A B C
D E F
G H I
J K L
M N Ñ
O P Q
R S T
U V W
X Y Z

Estructura do glosario

 

O presente glosario de termos da Internet galego-inglés-castelán-portugués contén 250 entradas aproximadamente. A entrada en galego (GL) inclúe a categoría gramatical do termo. A continuación indícase a respectiva definición, o termo equivalente en inglés (EN), o termo equivalente en castelán (ES), o equivalente en portugués (PT), o(s) sinónimo(s) da entrada en galego (coa respectiva categoría gramatical), se o(s) houber(en), e observacións.

Dentro do campo da equivalencia en inglés, castelán e portugués, ás veces aparecen varios termos, por considerárense sinónimos. Estes están dispostos por orde de preferencia de uso.

O glosario céntrase no español de España e no portugués de Portugal. Sen embargo, nos casos en que existe unha forma de uso xeneralizado en América diferente da peninsular, esta inclúese entre corchetes na entrada da respectiva da lingua.

As entradas do glosario están ordenadas pola entrada en galego. Para se poderen realizar buscas completas polo termo en inglés, castelán, portugués ou galego, inclúense índices inversos das entradas ordenadas por linguas e alfabeticamente.

As abreviaturas empregadas neste glosario son as seguintes:

adx = adxectivo
Br = variante empregada no Brasil
EN = entrada en inglés
ES = entrada en castelán
Esp = variante empregada en España
f = substantivo feminino
Hisp= variante empregada en Hispanoamérica
loc. = locución
m = substantivo masculino
Méx = variante empregada en México
Obs. = observacións
Port = variante empregada en Portugal
Sin. = sinónimo
PT = entrada en portugués
s = substantivo
v = verbo


[ Arriba ]
© 2001 Ana Hermida