|
|
(GL) eixe central
(m)
Nivel máis alto nunha rede xerárquica que está
composta por liñas de conexión de velocidade
alta que se conectan ás liñas de menor
velocidade
(EN) backbone
(ES) columna vertebral, eje central
(PT) espinha dorsal
Sin.: espiña dorsal (f)
(GL) encamiñador
(m)
Dispositivo que permite a conexión entre redes
distintas que empregan os mesmos protocolos e é
o encargado de que os paquetes en que se divide a
información cheguen ó seu destino
(EN) router
(ES) enrutador, direccionador, encaminador
(PT) encaminhador, router
(GL) encamiñamento
(m)
Acto de permiti-la conexión entre redes
distintas que empregan os mesmos protocolos
(EN) routing
(ES) enrutamiento, encaminamiento
(PT) encaminhamento
(GL) enderezo
(m)
Serie de caracteres, numéricos ou
alfanuméricos, que identifican un sistema ou
usuario/a dentro dunha rede e que permiten
acceder a el(a)
(EN) address
(ES) dirección
(PT) endereço
Obs.: Véxase «enderezo
(de correo electrónico)», «enderezo IP» e «URL».
(GL) enderezo
(de correo electrónico) (m)
Enderezo que identifica unha conta de correo
electrónico na Internet para poder enviar e
recibir correo
(EN) e-mail address, e-mail
(ES) dirección (de correo electrónico)
(PT) [Port] endereço (de correio electrónico);
[Br] endereço (de correio eletrônico)
(GL) enderezo IP
(m)
Enderezo que se dá ós ordenadores da Internet e
que permite facelos accesibles desde calquera
parte do mundo
(EN) IP address
(ES) dirección IP
(PT) endereço IP
(GL) enlazar
(v)
Conectar un obxecto ou texto dun documento HTML a
outra páxina web ó pulsa-lo rato
(EN) link
(ES) enlazar, vincular
(PT) ligar
Sin.: vencellar (v)
(GL) en obras
(loc.)
Situación en que se encontran os sitios web que
están pendentes de finalización, a falta
dalgún detalle, ou simplemente planeados pero
aínda non realizados
(EN) under construction
(ES) en obras
(PT) em construção
(GL) enviar
(v)
Remitir unha mensaxe a un grupo de noticias,
rolda ou foro
(EN) post
(ES) enviar, publicar
(PT) enviar
(GL) enviar
unha mensaxe (v)
Mandar unha mensaxe de correo electrónico a
través da Internet
(EN) e-mail
(ES) enviar un mensaje (electrónico)
(PT) enviar uma mensagem, enviar um e-mail
(GL) envío
múltiple (m)
Envío dunha mesma mensaxe ou artigo a máis
dunha rolda ou grupo de noticias
(EN) crosspost
(ES) envío cruzado
(PT) envio cruzado, crosspost
(GL) equipamento
(informático) (m)
Conxunto dos elementos físicos que compón un
sistema
(EN) hardware
(ES) equipo, hardware, soporte
físico
(PT) equipamento, hardware
Sin.: soporte físico (m)
(GL) espello
(m)
Copia exacta dunha páxina web noutro servidor
(EN) mirror
(ES) espejo, réplica
(PT) espelho, mirror
(GL) establecemento
de comunicación (m)
Protocolo de comezo de comunicación entre dous
sistemas en que unha das partes emite un sinal e
a outra recoñece o sinal e emite outro como
resposta para comezar a transmisión de datos
(EN) handshake
(ES) establecimiento de comunicación
(PT) handshake, ligação
(GL) estación
de traballo (f)
Ordenador cunha capacidade de procesamento moi
superior ós ordenadores persoais
(EN) workstation
(ES) estación de trabajo
(PT) estação de trabalho
(GL) etiqueta
(f)
Código de formatación en documentos HTML que
dan instruccións ó navegador sobre a forma de
presentación de textos e gráficos nunha páxina
web
(EN) tag
(ES) etiqueta, comando
(PT) etiqueta, tag
(GL) etiqueta
da rede (f)
Conxunto de normas, xeralmente non escritas pero
amplamente aceptadas, de comportamento elemental,
que regulan as relacións entre as persoas dentro
da Internet
(EN) netiquette
(ES) etiqueta de la red
(PT) netiqueta
Sin.: netiqueta (f)
(GL) excluír
(v)
Botar fóra dunha canle do IRC un/unha usuario/a
e non permiti-la súa entrada de novo
(EN) ban
(ES) banear
(PT) banir, excluir
Obs.: Distíngase de «expulsar»
(GL) expulsar
(v)
Botar fóra dunha canle do IRC unha persoa
temporalmente
(EN) kick
(ES) expulsar, patear
(PT) expulsar
Obs.: Distíngase de «excluír»
(GL) extranet
(f)
Conxunto de servicios e servidores da rede
Internet accesibles a certas institucións
relacionadas entre si, como por exemplo entre un
fabricante e os distribuidores e concesionarios
dos seus productos
(EN) extranet
(ES) extranet
(PT) extranet
|
[ Arriba ]
© 2001 Ana Hermida
|