[logotipo da Universidade de Vigo]
Universidade de Vigo

GLOSARIO DE TERMOS DA INTERNET

(galego-inglés-castelán-portugués)

 
Introducción
Estructura
Índices por linguas
Bibliografía
Autora
 
A B C
D E F
G H I
J K L
M N Ñ
O P Q
R S T
U V W
X Y Z

b

 

(GL) báner (m)
Anuncio publicitario en forma en gráfico que contén unha hiperligazón á páxina web do/a patrocinador(a) ou anunciante
(EN) banner
(ES) anuncio publicitario, banner, pancarta
(PT) banner

(GL) barreira de control (f)
Sistema, soporte físico ou programa informático, de seguridade, situado entre unha rede privada e a rede Internet que serve para protexe-la primeira das intromisións ou ataques que poidan virlle desde o exterior
(EN) firewall
(ES) cortafuegos, servidor de seguridad
(PT) firewall
Sin.: devasa (f)

(GL) baudio (m)
Número de sinais eléctricos por segundo nunha transmisión de datos
(EN) baud
(ES) baudio
(PT) baud

(GL) BBS (boletín electrónico) (m)
Sistema que distribúe servicios de mensaxería electrónica, ficheiros e outros servicios e actividades que poidan interesarlle ó/á operador(a) do sistema e ó que normalmente se accede a través dunha liña telefónica
(EN) BBS (sigla de «Bulletin Board System»)
(ES) BBS (boletín electrónico)
(PT) [Port] BBS (boletim electrónico); [Br] BBS (boletim eletrônico)
Obs.: Tanto en portugués, coma en castelán e galego, úsase moito en feminino, malia o correcto é o seu uso en masculino

(GL) bit (díxito binario) (m)
Unidade mínima de información dixital que pode ser tratada por un ordenador
(EN) bit (acrónimo de «BInary digiT»)
(ES) bit (dígito binario)
(PT) bit (dígito binário)

(GL) bomba de correo (f)
Inundación dun ordenador con mensaxes en que o/a agresor(a) usa un script que xera un fluxo continuo de mensaxes que provoca a negación de servicio no servidor de correo electrónico
(EN) mail bomb
(ES) bomba de correo
(PT) bomba de correio

(GL) bombardeo publicitario (m)
Envío masivo de mensaxes de correo electrónico, de contido claramente publicitario, que se reciben sen solicitalas
(EN) spam
(ES) bombardeo publicitario, spam, buzonfia
(PT) spam

(GL) borrar (v)
Eliminar caracteres na pantalla, ficheiro(s), etc.
(EN) delete
(ES) borrar
(PT) apagar

(GL) bps (bits por segundo) (m)
Unidade de medida da velocidade de transmisión por unha liña de telecomunicación
(EN) bps (sigla de «Bits Per Second»)
(ES) bps (bits por segundo)
(PT) bps (bits por segundo)


[ Arriba ]
© 2001 Ana Hermida