|
|
(GL) acceder
(v)
Conectarse ó servidor da rede tras introduci-la
identificación e clave de acceso
(EN) login
(ES) acceder
(PT) ligar-se
(GL) administrador,
-a (s)
Persoa responsable polos aspectos técnicos dunha
rolda
(EN) administrator
(ES) administrador
(PT) administrador
Obs.: Distíngase de «moderador».
Véxase tamén «administrador
de correo» e «administrador (de
sitio) web».
(GL) administrador(a)
de correo (s)
Persoa responsable do correo electrónico dun
servidor ou dominio
(EN) postmaster
(ES) administrador de correo, postmáster, jefe
de Correos
(PT) postmaster
(GL) administrador(a)
(de sitio) web (s)
Encargado/a técnico/a dun sitio web
(EN) webmaster
(ES) administrador (de sitio) web, webmáster
(PT) webmaster
(GL) ADSL
(liña dixital asimétrica de abonado)
(f)
Tecnoloxía de transmisión que permite ós fíos
telefónicos de cobre convencionais transportaren
ata 16 Mbps mediante técnicas de compresión e
en que a transmisión desde o servidor ó cliente
é máis rápida cá transmisión desde o cliente
ó servidor
(EN) ADSL (sigla de «Asymmetrical Digital
Subscriber Line»)
(ES) ADSL (Línea Digital Asimétrica de Abonado)
(PT) ADSL (Linha Digital Assimétrica de
Assinante)
(GL) alcume
(m)
Nome que calquera persoa pode adoptar na Internet
para asegura-lo anonimato
(EN) alias, nickname
(ES) alias, seudónimo
(PT) alcunha, aliás
Sin.: pseudónimo (m), alias (m)
(GL) aldea global
(f)
Visión futurista da comunidade mundial coma unha
cidade creada con comunicacións electrónicas de
alto nivel
(EN) Global Village
(ES) aldea global
(PT) aldeia global
(GL) aloxamento
(m)
Feito de albergar un sitio web nun servidor das
dependencias dunha empresa, que normalmente
realiza o mantemento e lle dá conexión á rede,
sen compartilo con outros sitios web
(EN) housing
(ES) alojamiento
(PT) alojamento
Obs.: Distíngase de «hospedaxe»
(GL) áncora
(f)
Marca que se insere nunha páxina web de tal
xeito que, ó coloca-lo punteiro sobre ela, esta
se refire a un enderezo determinado
(EN) anchor
(ES) ancla
(PT) âncora
(GL) anexar
(v)
Engadir un ficheiro a unha mensaxe de correo
electrónico
(EN) attach
(ES) adjuntar
(PT) anexar
Sin.: axuntar (v), achegar (v), apegar (v)
(GL) ANSI
(Instituto Estadounidense de Normalización)
(m)
1. Organización afiliada á ISO que é a
principal organización estadounidense
involucrada na definición de normas técnicas
estándar
2. Conxunto de normas para a transferencia de
caracteres de control usado en terminais ou
emuladores de terminais
(EN) ANSI (sigla de «American National Standards
Institute»)
(ES) ANSI (Instituto Estadounidense de
Normalización)
(PT) ANSI (Instituto Americano de Normalização)
(GL) aplique
(m)
Pequeno programa escrito en Java que ten como
obxectivo executarse no sistema cliente en
calquera sistema operativo coa axuda do navegador
(EN) applet
(ES) apli, aplique, subprograma
(PT) applet, aplicaçãozinha
Sin.: miniaplicación (f)
(GL) arañeira
(mundial) (f)
Sistema de información hipertexto que permite a
obtención rápida e fácil de información e foi
creado por investigadores do CERN en Suíza
(EN) Web, WWW (sigla de «World Wide Web»)
(ES) maraña mundial, telaraña mundial, (multi)
malla mundial
(PT) [Port] Web; [Br] Teia, Web
(GL) archie (f)
Aplicación da Internet que ten como obxectivo
encontrar, agrupar e indexar información nos FTP
anónimos
(EN) archie
(ES) archie
(PT) archie
(GL) ARP
(protocolo de resolución de enderezos) (m)
Protocolo usado para sabe-lo enderezo da lizagón
correspondente ó enderezo IP
(EN) ARP (sigla de «Address Resolution
Protocol»)
(ES) ARP (Protocolo de Resolución de
Direcciones)
(PT) ARP (Protocolo de Resolução de Endereços)
(GL) Arpanet
(Rede da axencia de proxectos de investigación
avanzada) (f)
Rede pioneira de longa distancia financiada por
ARPA (antiga DARPA) que tiña como obxectivo
específico investiga-la utilidade da
comunicación de datos en alta velocidade para
fins militares
(EN) Arpanet (sigla de «Advanced Research
Projects Agency Network»)
(ES) Arpanet (Red de la Agencia de Proyectos de
Investigación Avanzada)
(PT) [Port] Arpanet (Rede da Agência de
Projectos de Investigação Avançada); [Br]
Arpanet (Rede da Agência de Projetos de
Investigação Avançada)
(GL) arroba
(f)
Símbolo (código ASCII nº Ctrl+Alt+2) que se
usa para separa-lo nome do/a usuario/a do dominio
nos enderezos de correo electrónico
(EN) @ [pronunciado «at»]
(ES) arroba, ensaimada [forma coloquial no Leste
de España e illas]
(PT) arroba
Obs.: Úsase tamén cada vez máis na linguaxe
escrita politicamente correcta como abreviatura
de «o/a» cando se quere escribir sen facer
referencia ó xénero dunha persoa
(GL) artigo
(m)
Contribución feita a un grupo de noticias da
Usenet
(EN) article
(ES) artículo, mensaje
(PT) artigo, mensagem
Sin.: mensaxe (f)
(GL) ASCII
(Estándar estadounidense de codificación para o
intercambio de información) (m)
Conxunto de normas de codificación de caracteres
alfanuméricos mediante díxitos binarios
(EN) ASCII (sigla de «American Standard Code for
Information Interchange»)
(ES) ASCII (Estándar Americano de Codificación
para el Intercambio de Información)
(PT) ASCII (Código Normalizado Americano para o
Intercâmbio de Informações)
(GL) asexo (m)
Acto de estar subscrito a unha rolda e le-las
súas mensaxes sen enviar ningunha contribución
(EN) lurk
(ES) mironeo
(PT) lurk
(GL) atallo
(m)
Icona do escritorio de Windows que permite
executar un programa ou ficheiro
(EN) shortcut
(ES) acceso directo
(PT) atalho
(GL) ataque
(m)
Comentario crítico, malhumorado ou insultante
que se envía a unha rolda ou grupo de noticias
(EN) flame
(ES) ataque, insulto destructivo, flameo
(PT) ataque
(GL) AUP
(política de uso aceptable) (f)
Normas de boa conducta que establecen o uso
correcto da rede e dos seus servicios
(EN) AUP (sigla de «Acceptable Use Policy»)
(ES) AUP (Política de Uso Aceptable)
(PT) AUP (Política de Utilização Aceitável)
Obs.: Véxase «etiqueta
da rede»
(GL) autenticación
(f)
Procedemento que se usa para comproba-la
identidade da orixe dunha mensaxe, persoa ou
proceso para acceder a un recurso ou poder
realizar unha actividade determinada e evitar
fraudes
(EN) authentication
(ES) autenticación
(PT) autenticação
(GL) autoestrada
da información (f)
Denominación que recibe a Internet especialmente
nos medios de comunicación, por ser unha rede
capaz de pór enormes cantidades de información
ó alcance dos/das usuarios/as
(EN) information highway
(ES) autopista de la información
(PT) auto-estrada da informação
(GL) axenda
de enderezos (f)
Ficheiro do programa de correo onde se almacena o
enderezo e nome dos/das destinatarios/as de
correo para posteriormente acceder fácil e
rapidamente a eses datos
(EN) address book
(ES) libreta de direcciones
(PT) livro de endereços
Sin.: libro de enderezos (m)
(GL) axente
(m)
Programa que executa buscas na Internet e
recompila a información
(EN) agent
(ES) agente
(PT) agente
(GL) axente do
usuario (m)
Programa cliente que inicia unha demanda a un
servidor de rede
(EN) user agent
(ES) agente de usuario
(PT) [Port] agente do utilizador; [Br] agente do
usuário
|
[ Arriba ]
© 2001 Ana Hermida
|