[Seminario de Lingüística Informática] Seminario de Lingüística Informática | sli.uvigo.es [Universidade de Vigo]

[-] Información

[-] I+D


In English

Seminario de Lingüística Informática

Benvida

Benvid@ ás páxinas do Seminario de Lingüística Informática (SLI) da Universidade de Vigo. Nelas has de atopar os nosos datos de contacto, información sobre os membros do noso grupo, as nosas publicacións, e mais un pequeno resumo das nosas liñas de investigación e proxectos. O Seminario de Lingüística Informática, xunto co Observatorio de Neoloxía, forma parte do Grupo de Investigación en Tecnoloxías e Aplicacións da Lingua Galega (Grupo TALG) da Universidade de Vigo.

A través das nosas páxinas web, vas poder acceder tamén a diversos recursos públicos de tecnoloxía lingüística desenvoltos polo SLI-TALG, entre outros, o tradutor automático español <-> galego OpenTrad-apertium, a plataforma RILG (de Recursos Integrados da Lingua Galega), o corrector ortográfico en liña de galego OrtoGal, Galnet, a rede léxico-semántica WordNet do galego, o Dicionario CLUVI inglés-galego, o Dicionario de sinónimos do galego, o Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo (CLUVI) orientado cara á tradución do galego, o Corpus Técnico do Galego (CTG) de orientación terminolóxica especializada, a Termoteca - Banco de Datos Terminolóxico da Universidade de Vigo, a Neoteca - Banco de Datos de Neoloxismos da Universidade de Vigo, o dicionario de toponimia galega Aquén, e o etiquetador FreeLing para a análise lingüística automática do galego.

Grazas por consultar as nosas páxinas.



Valid XHTML 1.0 Transitional Valid CSS!