Uvigo

Biblioteca - Referencia e información bibliográfica

 

XESTORES BIBLIOGRÁFICOS

 

Son programas destinados a organizar referencias bibliográficas e documentos recompilados de diferentes fontes de información, como bases de datos, catálogos ou diversos recursos disponibles en liña. Constitúen unha ferramenta axeitada para os investigadores en canto facilitan o seu traballo, xa que permiten:

Refworks pódese  empregar dende calquera ordenador conectado a Internet, pero previamente é necesario crear unha conta persoal  dende un ordenador pertencente á rede da Universidade de Vigo. Unha vez rexistrado recibirá un correo electrónico de benvida no que se incluirá un "Código de Grupo", imprescindible para utilizar RefWorks dende calquera ordenador dende fóra da Universidade, salvo que utilice o proxy.
Na páxina Aprende a usar os recursos pódese atopar máis información sobre o seu funcionamento.

RefMobile é a nova funcionalidade que permite usar RefWorks dende un dispositivo móbil con conexión a internet. Para empregalo hai que por a URL http://refworks.com/mobile no navegador do dispositivo móbil, e acceder introducindo o Código de Grupo, nome de usuario/a e contrasinal.

 

EndNote Web é o xestor bibliográfico que proporciona a base de datos Web of Knowledge, á que cómpre acceder para rexistrarse. Ofrece unha axuda detallada sobre o seu funcionamento.

 

Zotero xestor de bibliografía gratuíto elaborado con software libre que funciona unicamente co navegador Mozilla Firefox. No seu sitio web pódese atopar información detallada sobre o seu uso.

 

Existe a posibilidade de exportar referencias entre os distintos xestores cando se teñen almacenadas en máis de un programa:

Exportar referencias de Zotero a Refworks / Exportar referencias de Zotero a Endnote Web / Exportar referencias de Endnote Web a Refworks /
Exportar referencias de Refworks a Zotero


Por outra banda, para a correcta redacción da bibliografía, ademáis dos xestores de referencias existen recursos de uso sinxelo que facilitan a conversión automática de referencias aos distintos formatos bibliográficos existentes.