Información
sobre a organización e servizos que ofrece a Biblioteca Universitaria de Vigo.
Orientación
no uso do catálogo automatizado da
biblioteca.
Axuda na utilización dos recursos de información dos que
dispón a Biblioteca Universitaria.
Información
bibliográfica sobre un tema determinado.
Datos sobre factores de impacto, citas e outros indicadores empregados na avaliación da actividade investigadora.
Datos
concretos como estatísticas, enderezos de empresas, localización de editoriais,
etc.
Obtención
de normas UNE.
DSI
(Difusión Selectiva da Información): o/a
usuario/a define un perfil de interese
permanente e, cunha periodicidade determinada, remitiránselle dende a biblioteca
os resultados actualizados.
Sesións formativas no uso do catálogo,
bases de datos, xestores bibliográficos, etc.

Fontes de referencia impresas: bibliografías,
catálogos, enciclopedias, dicionarios, directorios, etc.
Bases
de datos de todos os ámbitos
científicos e outros recursos electrónicos.

¿COMO UTILIZAR ESTE SERVIZO?
É de uso público e gratuíto para toda a comunidade universitaria.
As consultas pódense realizar acudindo persoalmente
ás distintas bibliotecas, por teléfono ou por correo
electrónico.
As bases de datos en liña poden consultarse dende calquera ordenador da Universidade de Vigo ou mediante proxy.