
Biblioteca - Referencia e información bibliográfica
CURSOS E SESIÓNS FORMATIVAS
A Biblioteca realiza diversas actividades formativas que teñen como finalidade dar a coñecer os servizos e recursos que a Biblioteca ofrece, instruír na súa utilización, no proceso de busca documental, etc.
Estas actividades formativas inclúen:
- Sesións ao alumnado de 1º curso: realizadas a comezos de cada curso académico, están orientadas a informar aos novos estudantes dos servizos bibliotecarios e do manexo do catálogo.
- Sesións programadas: con horario e temática convocadas de antemán pola Biblioteca. De carácter especializado e práctico, tratan sobre as Bases de datos e outros recursos de información nunha determinada área temática, os xestores bibliográficos, etc.
- Sesións solicitadas polos usuarios/as: feitas á súa medida, tanto nos contidos coma nos horarios; inclúen as peticións docentes para impartir formación axustada ás necesidades da súa asignatura e dos seus estudantes.
- Materiais para a autoformación: realizados pola Biblioteca ou proveedores de recursos.
- Curso virtual: "Máis alá de Google. Como buscar e xestionar información para un traballo académico" (Faitic).
Asemade, no novo marco do EEES, a Biblioteca ofrécese a colaborar para desenvolver as competencias informacionais no alumnado da nosa universidade.
Vídeo CI2 CRUE
Para contactar:
Campus |
Teléfono |
Correo-e |
Vigo |
986813843 |
referencia@uvigo.es |
Ourense |
988387191 |
dirbco@uvigo.es |
Pontevedra |
986802001 |
refbcp@uvigo.es |