Uvigo

Biblioteca - Referencia e información bibliográfica

 

"Máis alá de Google. Como buscar e xestionar información para un traballo académico"

 

Curso virtual (Faitic) organizado pola Biblioteca Universitaria de Vigo, con recoñecemento de 2 créditos de libre elección e 1 crédito ECTS.
A duración do curso é dunhas 30 horas, distribuídas en 5 semanas.

O curso vai dirixido, especialmente, ao alumnado dos últimos cursos, xa que proporcionará aos estudantes as competencias informacionais básicas no acceso, uso e xestión da información, permitíndolle:

Contidos que se tratan:

    1. A información
    2. Como buscar información
    3. Recursos de información na Biblioteca:
      • Catálogo
      • Bases de datos
      • Metabuscador (Pórtico)
      • Revistas electrónicas / SFX
      • Libros electrónicos
    4. Outros recursos en internet:
      • Dialnet
      • Acceso aberto á información científica
      • Buscadores científicos
    5. Avaliar a información e as súas fontes
    6. Como manterse actualizado: alertas e RSS
    7. Usar e comunicar a información:
      • Uso ético e legal da información
      • Citas e referencias bibliográficas
      • Xestores bibliográficos
    8. Web social

 

A primeira edición desenvolverase entre o 23 de xaneiro e o 24 de febreiro de 2012 (completa), e unha nova edición terá lugar do 9 abril-11 de maio de 2012.