
Perseo é o catálogo da Biblioteca Universitaria de Vigo e describe todos os documentos que forman parte da colección da biblioteca coma libros, revistas, audiovisuais, libros electrónicos, etc.
Podes entrar en Perseo libremente dende calquera ordenador conectado a Internet. Porén, cando queiras acceder a recursos electrónicos que non son gratuítos, só o poderás facer dende ordenadores conectados á rede da Universidade.
Na pantalla inicial hai dúas opcións de busca:

Se buscas un documento concreto, escolle unha das seguintes opcións:
Se buscas documentos sobre un tema, podes buscar por Materia ou Palabra clave:

Así, se prememos na Materia "Recursos humanos" aparece a lista de documentos que tratan sobre esa Materia en concreto |

E se prememos no título dun dos documentos vemos que ten asignada como materia "Recursos humanos" |
PALABRA CLAVE (Busca Directa ou Asistida): localiza as palabras en calquera lugar da descrición do documento. Por exemplo, se buscamos tamén "Recursos humanos" pero por Palabra clave vemos que, neste caso, busca esta dúas palabras en toda a descrición do documento, aínda que non teña estes termos como materia.

Se buscas por Palabra Clave a través da Busca asistida tes a posibilidade de realizar a busca en campos concretos (Autor, Título, Materia..), combinar varias palabras usando operadores boleanos (E / OU, / E NON), e de limitala por outros criterios como data, lingua, tipo de material, etc.

Se na túa busca obtés máis dun resultado verás un listado no que se indica para cada documento:
UBICACIÓN: biblioteca/s onde se ubica
SIGNATURA: código que sinala onde se atopa o documento dentro da biblioteca
ESTADO: informa se está dispoñible ou prestado (neste caso da a data na que ten que ser devolto)
CONDICIÓNS DE PRÉSTAMO: préstamo normal, fin de semana ou consulta en sala
Non confundas:
Signatura: código que indica onde está un documento dentro da biblioteca
Asignatura: opción para buscar a bibliografía recomendada por un docente, e que veremos despois

Preme no título que che interesa para ver máis datos e/ou exemplares do documento. |

A descrición das revistas é diferente á dos libros |

Os principais datos que aparecen na descrición dunha revista son:
Título/s: título principal da revista, e outros títulos polos que poda ser coñecida.
Datos de publicación: editor, ano en que empezou a editarse, etc.
Premer para acceder a: enlace á revista electrónica; nalgúns casos pódese acceder ao texto completo, noutros só aos sumarios e/ou resumos.
Ubicación: biblioteca/s na que se atopa a revista en papel.
Signatura: localización da revista dentro da biblioteca.
Na biblio: indica os anos que hai da revista en papel na biblioteca.
Último recibido: para ver cal é o último número recibido
Cando queiras gardar algún rexistro dunha listaxe de documentos terás que marcalos para seleccionalos, e despois premer no botón "Gardar os rexistros marcados para exportarlos".

A continuación preme na icona
e entrarás nunha pantalla onde aparecen os rexistros previamente gardados, e dende onde poderás imprimilos, envialos por correo-e ou gravalos.

Na pantalla principal do catálogo hai enlaces a outra serie de opcións como:
Ver rexistro de usuario/a: permite acceder ao teu rexistro de usuario/a da biblioteca. Para poder entrar tes que te identificar co teu nome, código de barras e contrasinal. Se entras por primeira vez e non tes contrasinal, preme en “Non teño pin” e segue as instrucións para crealo.

Unha vez que accedas ao teu rexistro de usuario/a poderás:


Cando voltes ó teu rexistro de usuario verás creada unha nova opción Buscas preferidas. Se a pulsas, desprégase a táboa coas buscas gardadas. Para recibir a alerta por correo-e marca a casilla Marcar para enviar por mail e despois pulsa Actualizar listado.

Bibliografía recomendada: permite buscar as obras que recomendan os profesores/as para preparar as súas asignaturas. A busca pode facerse polo nome da asignatura en galego ou polos apelidos do docente:

Recursos electrónicos: da acceso ás bases de datos, revistas e libros electrónicos.
Novas adquisicións: para ver as últimas obras adquiridas polas bibliotecas.
Buzón de suxestións: para facer chegar á biblioteca as túas ideas, suxestións e mesmo queixas. Tamén podes propor a compra de obras.
Catálogos doutras bibliotecas: permite consultar á vez varios catálogos doutras bibliotecas, españolas e estranxeiras.
Blog da Biblioteca: para estar ao día das últimas novas sobre a biblioteca ![]()
Para calquera consulta contactar con:
Teléfono: 986.813.843
Correo-e: referencia@uvigo.es
- Biblioteca Universitaria de Vigo -