Uvigo

Biblioteca - Referencia e información bibliográfica

 

AVALIACIÓN DAS PUBLICACIÓNS CIENTÍFICAS

 

 

 

 

¿Podo solicitar á Biblioteca datos sobre as publicacións científicas (factor de impacto, bases de datos nas que están incluídas, etc.) para a avaliación da actividade investigadora?

A Biblioteca pode proporcionar certos datos das publicacións científicas como son o factor ou índices de impacto, bases de datos nas que están incluídas as revistas, citas recibidas, etc., pero non outro tipo de información, valoracións ou interpretacións das distintas convocatorias (CNEAI, ANECA, ANEP, ACSUG) que terás que consultar a axencia ou organismo correspondente.

Se queres que a Biblioteca realice a busca destes datos sobre as túas publicacións, cubre este impreso e envíao a referencia@uvigo.es

 

¿Que criterios se teñen en conta para avaliar as publicacións científicas?

Os criterios varían segundo a convocatoria (CNEAI, ANECA, ACSUG...), a disciplina científica e o tipo de publicación (revista, libro ou capítulo de libro, congreso, etc.). En xeral, estes criterios teñen en conta:

¿Que é o factor de impacto?

O JCR (Journal Citation Report) calcula o factor de impacto dunha revista como a media de veces que nun ano determinado foron citados os artigos publicados por esa revista nos dous anos anteriores. Outros recursos (Scimago, InRecs...) elaboran tamén índices de impacto, pero empregando outros sistemas de cálculo.

Ademais do factor de impacto é importante sinalar a posición da revista respecto ao total da categoría na que está englobada, e o cuartil ou tercil no que se sitúa. Débese empregar o ano do produto correspondente ao ano de publicación do traballo, e de non ser posible o máis próximo ou actual.

 

¿Que ferramentas hai para localizar os índices de impacto?

Para as revistas españolas non incluídas en JCR nin en SJR Scimago:

Outros recursos:

 

¿Que ferramentas teño para localizar que citas recibiron as miñas publicacións?

 

¿Onde podo atopar datos sobre a calidade das revistas?

As revistas deben cumprir certos requisitos de calidade para ser tidas en conta nos procesos de avaliación (cando non están recollidas no JCR ou outros índices de impacto). Estes requisitos varían segundo a convocatoria pero, polo xeral, fan referencia á calidade informativa, calidade do proceso editorial, difusión e visibilidade, etc. Ademais da propia revista, os seguintes recursos aportan información sobre isto:

 

¿Como podo saber en que bases de datos está indizada unha revista?

Para ser incluídas nunha base de datos as revistas pasan un proceso de avaliación da súa calidade formal e científica. Por isto, a presenza dunha revista nun maior número de bases de datos é un indicador de calidade.

A miúdo a propia revista proporciona esta información. Ademais, as bases de datos dispoñen dun "Master List" coas revistas que recollen, como o Master Journal List de Thomson Reuters (onde se poden localizar, entre outras, as revistas indexadas no Web of Science).
Tamén existen produtos especializados que ofrecen esta información:

¿Onde localizo indicios de calidade dun libro?

Para ser valorados os libros e capítulos de libros deben cumprir unha serie de requisitos (distintos segundo as convocatorias e as disciplinas), como: prestixio da editorial; pasar un riguroso proceso de selección e avaliación; número de citas recibidas; recensión en revistas científicas; ter ISBN, etc. Para localizar algúns destes indicios temos, entre outros:


¿Como podo saber cales son as revistas de máis calidade no meu ámbito?

As revistas recollidas no JCR Journal Citation Report son consideradas das máis prestixiosas nas distintas disciplinas. Como en JCR non existe un apartado para Arte e Humanidades, neste caso pode consultarse o Master Journal List do Arts & Humanities Citation Index.

 

¿Que é o Índice H?

É un novo método para medir a calidade e cantidade da produción científica dun autor/a. O Indice h é o balance entre o nº de publicacións e o nº das citas a estas. Para calculado hai que ordenar as publicacións polo número de citas recibidas en orden descendente, numeralas e identificar o punto no que o nº de orde coincide co de citas recibidas por unha publicación. Este número será o Indice h. Bases de datos como Web of Science e Scopus proporcionan este dato.