O multibuscador Pórtico é o portal de acceso aos múltiples recursos de información de que dispón a Biblioteca Universitaria de Vigo: catálogo da BUVI e outros catálogos de bibliotecas, bases de datos referenciais e a texto completo, revistas e libros electrónicos, e outros recursos en Internet.
A través de Pórtico poderá coñecer os recursos dispoñibles na súa área de coñecemento e lanzar sobre eles consultas simultáneas, o que permite un primer achegamento ao seu tema de interese. En ningún caso pretende substituír as amplas funcionalidades de busca que ofrecen os portais ou as bases de datos na súa interface orixinal.
Dende calquera ordenador pertencente ao dominio uvigo.es, a través da páxina web da biblioteca ou do enderezo http://portico.bugalicia.org/ml/?c=uvi .
Os usuarios autorizados poden acceder dende fóra do dominio da UVIGO a través do proxy.
Pórtico permite xestionar recursos de variada tipoloxía e contidos (bases de datos, catálogos, plataformas de revistas, etc.) que ofrecen información a texto completo, referencial, etc. Estes recursos teñen co metabuscador distintos graos de compatibilidade. En función do grao de compatibilidade Pórtico establece tres categorías de recursos:
Enlazables: non compatibles co motor de busca de Pórtico polo que haberá que acceder a eles na súa interface orixinal, picando sobre o título do recurso.
Buscables: ao teren un grao maior de compatibilidade permiten facer a busca dende Pórtico pero os resultados terán que visualizarse na interface orixinal.
Metabuscables: ao seren completamente compatibles permiten realizar as buscas e visualizar os resultados dentro de Pórtico.
Iconas informativas asignadas aos recursos:
![]()
A barra de navegación permite acceder aos distintos módulos do metabuscador. O módulo activo aparecerá resaltado.

Esta opción lle permitirá localizar os recursos dos que dispón a biblioteca e facer unha busca sobre varios ao mesmo tempo.
En primeiro lugar deberá localizar na columna da esquerda os recursos nos que desexe buscar, elixindo a opción "Materia" ou "Combinada".
A opción "Materia" amosará a árbore de materias e submaterias dispoñibles e a opción "Combinada" permitirá localizar os recursos utilizando un ou máis dos seguintes criterios:
En segundo lugar deberá seleccionar na parte dereita da pantalla o/s recurso/s, ata un máximo de 10, marcando as casillas, escribir os termos que desexa buscar nas caixas da parte superior e premer no botón "Ir".
Permite localizar un recurso concreto entre os moitos dispoñibles. Para buscar un recurso pode utilizar as seguintes opcións:

Título: permite despregar os títulos dos recursos a través da lista A-Z ou buscar por termo significativo de título na caixa ao efecto.
Combinada: permite localizar recursos combinando os seguintes criterios: título, editor/proveedor, materia, calquera palabra e tipo de recurso.
Materias: permite localizar un recurso seleccionando unha área de coñecemento.
Unha vez localizado o recurso poderá acceder directamente a el picando no título ou facer a busca dende Pórtico sempre que apareza unha "lupa" á dereita. ![]()
Unha vez realizada a busca nos recursos seleccionados amosarase unha pantalla na que se indica: se se atoparon ou non resultados para cada recurso, número de rexistros atopados e se estes visualízanse en Pórtico ("Visualizar") ou na súa interface orixinal ("Ir").

Por defecto os resultados das buscas en Pórtico visualízanse en formato táboa. Na seguinte imaxe detállanse os elementos máis importante da pantalla de resultados:

Dende a opción "Refinar" poderá acotar ou ampliar os resultados da súa busca.

Ademais do formato táboa, os rexistros poden visualizarse en formato breve ou completo.O formato completo da a máxima información sobre os rexistro e permite:

Esta opción permite, só mentres dure a sesión, almacenar as buscas realizadas e volver a elas en calquera momento.

Nota: A Área persoal só gardará os datos mentres dure a sesión. Unha vez finalizada esta perderase toda a información almacenada.
Na área persoal pódense levar a cabo varias operacións cos rexistros.
Dende a visualización "formato táboa" ou "formato breve" pode:
a) Exportar un ou varios rexistros nos seguintes formatos:
b) Enviar rexistros por correo electrónico.

Dende a visualización de "rexistro completo" pode facer o mesmo pero cun só rexistro.
Para calquera consulta contactar coa Biblioteca
Teléfono: 986.813.843
Correo-e: referencia@uvigo.es
- Biblioteca Universitaria de Vigo -