Uvigo

Biblioteca - Referencia e información bibliográfica

 

PREGUNTAS FRECUENTES SOBRE BASES DE DATOS

 

 

 

 

¿Que son as bases de datos?

As bases de datos, segundo o seu contido, poden ser: bibliográficas, estatísticas, lexislación, fórmulas, patentes, etc.
As bases de datos bibliográficas permiten buscar que hai publicado sobre un tema en artigos de revistas, informes, actas de congresos e, en xeral, na literatura científica máis relevante que se produce nos distintos campos de investigación. Son, a miúdo, a mellor opción para obter información especializada sobre un tema ou materia determinado, e proporcionan as descripcións ou referencias dos documentos (algunhas inclúen o texto completo).

 

¿Como podo acceder ás bases de datos?

Dende a páxina principal da Biblioteca, no apartado de Bases de datos, tes dúas listaxes, unha alfabética e outra por materias. Para cada base de datos hai unha icona que indica como podemos acceder:

Acceso webAcceso web premendo na icona

Monoposto Só consultable na Biblioteca que se indique



¿Como se busca nunha base de datos?

Na páxina Como buscar información nunha base de datos tes unha breve explicación de como se busca nas bases de datos.
Para máis información podes asistir ás sesións formativas organizadas pola Biblioteca, ou ben dirixirte aos Servizos de Referencia das Bibliotecas Centrais de Campus, onde o persoal especializado axudarache a facer as buscas.

 

¿Como sei que bases de datos podo consultar sobre un tema?

Dende a páxina principal da Biblioteca, accede ao apartado de Bases de datos e consulta a Listaxe por materias. Escolle a materia que che interesa e verás as bases de datos e outros recursos electrónicos dispoñibles para esa materia.

 

¿Podo solicitar unha busca nunha base de datos?

Si, podes enviar un correo electrónico cos datos da busca que che interese, ou ben poñerte en contacto coa Sección de Referencia do teu campus.

 

¿Todos os documentos dos que atopo referencias nas bases de datos, están dispoñibles a texto completo?

Non sempre; moitas veces os teus resultados serán só as referencias bibliográficas (datos para identificar o documento e poder localizalo), pero non o texto completo. Neste caso para poder obter o texto completo terás que:

 

¿Podo consultar ao mesmo tempo máis dunha bases de datos?

Só nos seguintes casos:


Non podo acceder a unha base de datos...

En principio, se accedes dende ordenadores da Universidade de Vigo, non deberías ter problemas ao consultar as bases de datos subscritas pola Biblioteca. Proba a actualizar a vesión do teu navegador e/ou a activar as Cookies (información sobre como activar as cookies)

 

¿Que fago cando termino a consulta nunha base de datos?

Cando a base de datos proporciona algún medio para pechar a sesión (icona "Desconectar", "Pechar sesión", "Log out", etc...) é necesario usalo en lugar de pechar a ventá do navegador. De non facelo así poderíamos impedir que outra persoa que queira acceder á base de datos poida facelo.