
Estas recomendacións son, sobre todo, para as bases de datos
bibliográficas, é dicir, aquelas que describen documentos
(libros, artigos de revistas, ponencias dun congreso, etc.) para
facilitar a súa identificación proporcionando os datos
de autoría, título, publicación, etc.
Antes de realizar unha busca, o primeiro que debes facer é determinar a túa necesidade de información:
Posteriormente debes seleccionar a/as base/s de datos que mellor se axuste, segundo as necesidades definidas (cobertura temática, xeográfica, cronolóxica, etc.). Dende a páxina principal da Biblioteca, no apartado de Bases de datos dispós dunha Listaxe por materias na que podes ver as bases de datos e outros recursos electrónicos dispoñibles para unha materia.
Unha vez escollida a base de datos, elabora unha estratexia de busca comezando por definir o tema nunha frase, ex.:
"Niveis
de contaminación por Cadmio en ecosistemas acuáticos"
Identifica nela as palabras que representan os principais conceptos,
ex.:
Contaminación / Cadmio / Acuáticos
Busca outros termos relacionados e/ou sinónimos, así como conceptos máis amplos ou específicos (para isto podes empregar dicionarios, tesauros, etc.), ex:
Polución / Metais pesados / Mariña / Auga
Ten en conta que tes que traducir os termos á lingua
de consulta da base de datos (na maioría dos casos o inglés).
Podes combinar os termos de busca usando operadores booleanos (and / or / not):
AND recupera os resultados onde aparezan as dúas palabras. Ex.: Contaminación AND Mariña
OR recupera os resultados onde aparezan algunha das palabras, e úsase para incluir na busca sinónimos e conceptos relacionados.
Ex.: Contaminación OR Polución
NOT recupera os resultados onde apareza a primeira palabra e non a segunda. Ex.: Contaminación NOT Atmosférica
Os operadores booleanos se formulan de xeito distinto segundo o recurso, polo que é convinte que consultes a guía ou axuda da base de datos para ver como os designan.
Existen máis posibilidades para precisar as buscas, como son a busca por frase (" ") e os operadores de proximidade (Near / With / Adj...) que indican a distancia entre os termos de busca. Ex.: Contaminacion NEAR5 Cadmio
Nas buscas podes empregar tamén truncado e comodíns, que serven para buscar unha palabra e as súas variantes; polo xeral o asterisco (*) substitúe a un ou máis caracteres, e a interrogación a un único carácter (?). Ex.:
Contamin* (recuperaría: contaminar, contaminación, contaminado, contaminante, etc.)
Tamén podes establecer límites seleccionando o campo
de busca (autor, título, materia,etc.), a lingua, datas de
publicación, etc.
Unha vez realizada a busca terás que avaliar os resultados. Se os resultados que recuperas son demasiados, escasos ou non se adecúan á túa busca, deberás reformular a túa estratexia usando diferentes termos ou combinación deles.
Moitos resultados |
Poucos resultados |
|
|
Unha vez que teñas os resultados que che interesan poderás imprimilos, enviar por correo electrónico ou exportar a un xestor bibliográfico (RefWorks, EndNote Web, etc.)
Ten en conta que o texto completo dos documentos non sempre está dispoñible na base de datos, polo que se só proporciona a referencia bibliográfica, terás que buscar o documento no catálogo da Biblioteca e/ou SFX. Lembra que no caso de que a Biblioteca non teña ese documento, a Sección de Acceso ao Documento pode conseguilo solicitándoo a outras Bibliotecas.