PROSPECTO DE BOUZAS-MÓVETE  

COMPOSICIÓN:
Bouzas-móvete está composto de mulleres, homes, nenas e nenos que teñen un grande cariño pola vila e o mar de Bouzas e que non van permitir que se siga destrozando a riqueza da nosa ría por intereses alleos á xente que mora e disfruta nela. Bouzas-móvete esta aberta a tod@s @s veciñ@s de Bouzas e a toda a xente que coincida coas nosas reivindicacións sen importar a sua procedencia, raza, idade, opción sexual e credo político ou relixioso, que queiran luitar por um bairro máis habitábel concebido como lugar de convivencia e en contacto co mar. Bouzas-móvete non se sente representada pola directiva da Asociación de Veciños nen por ningún partido político.

INDICACIÓNS:
Bouzas-móvete é efectivo contra toda clase de recheos na ria, con ou sen pilotes, asi como contra a instalación de depuradoras chafalleiras e fedentas ou contra construcións de pontes sobre a dársena ben sexan para carros ou trens. Tamen pode-se utilizar para tratar a especulación precoz e a serodia, as mentiras sobre um falso progreso, os roubos de recursos naturais, os enganos, a contaminación e cadros profundos de estupidez e indignidade xeral.

XEITO DE ACCIÓN:
Bouzas-móvete actua facendo campañas de concienciación, e accións de protesta de calquera tipo que se decidan nas asambleas, ás cales estaran invitadas a participar toda a xente que o desexe. Pódese participar indo as asambleias ou apoiando as accións.

DOSIFICACIÓN:
Bouzas-móvete administra-se de xeito asambleario unha vez por semana, como mínimo, sendo o punto de encontro o palco da alameda, os mércores às 20:30, para de aí dirixírmonos a un local.

INCOMPATIBILIDADES:
Bouzas-móvete é incompatíbel cos amigos do formigón e o chapapote, con contaminadores do meio ambiente e de conciencias, con multinacionais da automoción e de todo tipo, con autoridades corruptas locais, provinciais, nacionais, e estatais, con os depredadores do mar, con os indivíduos que se venden ao mellor postor e cos mentireiros e especuladores.

INTOXICACIÓN:
No caso de pertencer á Alcaldia, á Zona Franca ou á Autoridade Portuaria e entrar em contacto com Bouzas-móvete recomenda-se un tratamento de choque, no psiquiatrico mais achegado, para desintoxicarse de si mesmos e comezar unha nova vida, se é posibel lonxe da Galiza, respeitando o mar, as vilas e bairros, a gente e a natureza.

EFECTOS SECUNDARIOS:
Bouzas-móvete provoca os seguintes efeitos secundarios: Alegria xeneralizada, solidariedade, ben-estar, satisfación, desconxestión mental, comprensión, complicidade, e union entre a veciñanza.

    Sen receita médica
    Manteñase Bouzas-móvete ao carón e ao alcance das crianzas.

     
Páxina mantida por bouzasmovete.