Profesor: Mª ROCÍO GÓMEZ JUNCAL
DOCENCIA
Psicología de la Percepción

Prácticas de Psicología de la Percepción

Tutorías
 
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

programa diseño

 

 

 

 

VOLVER

 

ASIGNATURA: PSICOLOXÍA DA PERCEPCIÓN .

Metodoloxía:

A presente asignatura suma un total de catro créditos. Estos créditos correspóndense con 7,5 horas de traballo semanal que lle deberá adicar o alumno a asignatura. De esas 7,5 horas semanais, dúas correspóndense con clases presenciais (1,5 horas teóricas e 0,5 prácticas), 1 con tutorías, e o resto a traballo persoal do alumno (busca de información, lecturas, estudo, reflexión, etc.).

A asignatura “Psicoloxía da Percepción” consta de dúas partes: unha teórica e outra práctica. Na primeira impartiranse clases teóricas que inclúen a exposición de contido básico dos temas que constitúen o programa. As clases prácticas, incluirán experimentos psicolóxicos relacionados co programa básico, comentarios de material psicolóxico e videos.

Esta asignatura compleméntase coa posibilidade da participación voluntaria por parte dos alumnos na preparación de temas e a súa exposición, así como na realización de lecturas.

O tema voluntario consistirá na lectura acerca dun dos temas que se propoñen e na realización dun resumo (extensión mínima 10 follas). Darase a posibilidade de expoñer o tema na clase.

A realización de lecturas exixirá a presentación do resumo e un comentario crítico (mínimo 10 follas). A entrega dos resumos terá como data tope o derradeiro día de clase.

Programa:

PARTE TEÓRICA

1. Introducción: os intereses da psicoloxía.

Definición de psicoloxía. Metas da psicoloxía. Diversos puntos de vista na psicoloxía.

2. O mundo da percepción.

O ollo e a cámara fotográfica. A percepción como constructo mental. A ciencia da percepción. Principias teorías sobre a percepción.

3. Percepción dos obxectos.

Organización perceptual: A gestalt. Procesamento neuronal. Procesamento perceptual. Coñecemento, experiencia e procesamento.

4. O pensamento creativo.

Definición de creatividade: Pensamento converxente vs divergente; Fases do proceso creativo. Características da persoa creativa. Bloqueos de creatividade: ¿Cómo superalos?.

5. Medición, diagnose e desenrrolo da creatividade.

Avaliación da creatividade. Test de creatividade: americanos e españois. Cuestionarios e escalas de creatividade. Desenrrolo da creatividade.

6. Determinantes psicosociais do comportamento.

Pensamento social: atribucións das conductas, actitudes e accións. Influencia social: conformidade e obediencia, influencia do grupo, influencias culturais.

7. Cambio social dende as minorías.

Características das minorías. Estilos de comportamento das minorías. Movemento de minorías como cambio social. Aplicacións no campo da moda.

 

PARTE PRÁCTICA

•  Percepción de figuras.

•  Avaliación da creatividade.

•  Técnicas de fortalecemento da creatividade.

•  Influencia social.

•  Video: “Cerebro e comportamento”.

•  Video: “Sensación e percepción”.

•  Video: “A creatividade: o seu sentido e actualidade”.

•  Video: “O poder das situacións”.

•  Video: “Construcción da realidade social”.

 

TRABALLOS VOLUNTARIOS

  • Temas Voluntarios.

•  Cognición e creatividade. Coon, D. (1999). Psicología. México: Thomson. (Págs. 347-379).

•  Cultura audiovisual e desenrrolo da individualidade. Torres, E., Conde, E., e Ruiz, C. (2002). Desarrollo humano en la sociedad audiovisual. Madrid: Alianza. (Págs. 71-94).

•  Retratos sociais nos medios. Torres, E., Conde, E., e Ruiz, C. (2002). Desarrollo humano en la sociedad audiovisual. Madrid: Alianza. (Págs. 225-254).

•  Os medios como persuasión . Torres, E., Conde, E., e Ruiz, C. (2002). Desarrollo humano en la sociedad audiovisual. Madrid: Alianza. (Págs. 255-280).

•  A cor na moda. Ferrer, E. (1999). El lenguaje del color. México: Fondo de Cultura Económica. (Págs. 313-339).

•  A cor na publicidade. Ferrer, E. (1999). El lenguaje del color. México: Fondo de Cultura Económica. (Págs. 313-339).

•  Moda como comunicación. Dorfles, G. (2002). Moda y modos. Valencia: Engloba. (Págs. 135-157; 187-196). Lurie, A. (1994). El lenguaje de la moda. Barcelona: Paidós. (Págs. 21-54).

•  Motivos psicosociais da moda. Riviére, M. (1977). La moda ¿comunicación o incomunicación? Barcelona: Gustavo Gili. (Págs. 95-104).

 

  • Lecturas Voluntarias.

•  Skiner, B. F. Walden dos.

•  Huxley, A. Un mundo feliz.

•  Sacks, O. La isla de los ciegos al color.

•  Sacks, O. El hombre que confundió a su mujer con un sombrero.

•  Sacks, O. Un antropólogo en Marte.

•  Weisberg, R. W. Creatividad. El genio y otros mitos.

•  Gelb, M. J. Pensar como Leonardo da Vinci: siete lecciones para llegar a ser un genio.

 

Avaliación.

A avaliación consistirá nunha proba obxectiva sobre os contidos teóricos e prácticos básicos. Ésta constará de trinta preguntas con catro alternativas de resposta, unha soa é correcta. Será necesario responder correctamente a dezanove para superala, non se teñen en conta os erros. No caso da realización de traballos voluntarios, a puntuación obtida nos traballos sumarase á obtida no exame, polo que se modificaría o mínimo de acertos para aprobar a asignatura.

Os traballos voluntarios puntuarán do seguinte xeito:

•  Lecturas: o resumo e comentario crítico (mínimo 10 folios) valorarase con 0,5 puntos.

•  Temas Voluntarios: a presentación do resumo (mínimo 10 folios) valorarase con 0,25 puntos, e a súa exposición na clase con outros 0,25 puntos.

•  Asistencia a Prácticas: valorase con 0,5 puntos, para conseguilos é necesario non acumular máis de 3 faltas.

•  Colaboración en Prácticas: a colaboración activa nos experimentos e seminarios valorarase con 0,5 puntos.

Ós alumnos so se lles valorará un exercicio de cada apartado, así a puntuación máxima por traballos voluntarios nunca excederá os 2 puntos.

 

Bibliografía Básica:

Ballesteros, S., y García, B. (1995). Procesos psicológicos básicos. Madrid: Universitas.

Bernard, D. (1999). Técnicas de creatividad. Barcelona: Granica.

Campos, A. (1988). Manual de prácticas de psicología básica. Barcelona: Grupo Editor Universitario.

Coon, D. (1999). Psicología. México.

Davis, G. A. y Scott, J. A. (1992). Estrategias para la creatividad. Barcelona: Paidós.

Descamps, M. A. (1986). Psicología de la moda. México: Fondo de Cultura Económica.

Dorfles, G. (2002). Moda y modos. Valencia: Engloba.

Echeverría, M. A. (1995). Creatividad y comunicación. Madrid: GTE, D. L.

Ferrer, E. (1999). El lenguaje del color. México: Fondo de Cultura Económica.

Garau, A. (1992). Las armonías del color. Barcelona: Paidós.

García, F. G. (1991). Estrategias creativas. Barcelona: Vicens Vives.

Goldstein, E. B. (1999). Sensación y percepción. Madrid: Thomson.

Ibáñez, R. M. (1995). La creatividad: diagnóstico, evaluación e investigación . Madrid: Universidad Nacional de Educación a Distancia.

Lahey, B. B. (1999). Introducción a la psicología. Madrid: McGraw-Hill.

Le Bon, G. (1986). Psicología de las masas. Madrid: Morata.

Lurie, A. (1994). El lenguaje de la moda. Barcelona: Paidós.

Moscovici, S. (1981). Psicología de las minorías activas. Madrid: Morata.

Myers, D. G. (1999). Psicología. Madrid: McGraw-Hill.

Portal, F. (1996). El simbolismo de los colores. Barcelona: Sophia Perennis.

Raich, R. M. (2000). Imagen corporal. Conocer y valorar el propio cuerpo. Madrid: Pirámide.

Riviére, M. (1977). La moda ¿comunicación o incomunicación?. Barcelona: Gustavo Gili.

Romo, M. (1998). Psicología de la creatividad. Barcelona: Paidós.

Toro Trallero, J. (1997). El cuerpo como delito. Madrid: Ediciones Ariel.

Torres, E., Conde, E., y Ruiz, C. (2002). Desarrollo humano en la sociedad audiovisual. Madrid: Alianza.

Vallejo, R. D., y Chico del Río, M. (1997). Prácticas de psicología social . Madrid: Pirámide.

Young, K. (1969). Psicología social de la muchedumbre y de la moda. Buenos Aires: Paidós.

PROGRAMA DE PSICOLOGÍA DE LA PERCEPCIÓN

 

Mª Rocío Gómez Juncal - Departamento de Análisis e Intervención Psicosocioeducativa - Universidad de Vigo

e-mail: rogjuncal@uvigo.es