O Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible estructúrase en 60 créditos ECTS dos que 41 se dedican á docencia e 19 á realización de prácticas en empresas e ó traballo fin de Máster.
A docencia distribúese en dous módulos básicos iniciais (12 créditos ECTS) e cinco módulos de especialización (29 créditos ECTS), que se imparten desde principios de outubro ata finais de marzo.
As prácticas en empresas, que se realizan a partires de principios de abril e duran un mínimo de dous meses a tempo completo, vincúlanse á elaboración do traballo fin de Máster, que debe presentarse ante un tribunal para a súa avaliación.
 
Pode consultar a guía da titulación e as guías docentes do curso 2011-2012. 

MÓDULO I. CIENCIA E TECNOLOXÍA
Ciencia e Tecnoloxía I (3 ECTS)
Ciencia e Tecnoloxía II (3 ECTS)

MÓDULO II. ECONOMÍA E LEXISLACIÓN AMBIENTAL
Lexislación Ambiental (3 ECTS)
Economía Ambiental (3 ECTS)

MÓDULO III. AVALIACIÓN AMBIENTAL DE PROXECTOS
Fundamentos e Estructura da Avaliación de Impacto Ambiental (3 ECTS)
Desenvolvemento da Avaliación de Impacto Ambiental (3 ECTS)

MÓDULO IV. AVALIACIÓN AMBIENTAL ESTRATÉXICA
As Bases da Avaliación Ambiental Estratéxica (2 ECTS)
A Práctica da Avaliación Ambiental Estratéxica (3 ECTS)

MÓDULO V. RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA
A Responsabilidade Social e o Goberno Corporativo (3 ECTS)
Verificación e Implantación da Responsabilidade Social Corporativa (4 ECTS)

MÓDULO VI. XESTIÓN MEDIOAMBIENTAL DA EMPRESA
Normas da Xestión Medioambiental e Auditorías (3 ECTS)
Instrumentos de Xestión Medioambiental e Optimización de Custos (2 ECTS)

MÓDULO VII. ENERXÍA E CAMBIO CLIMÁTICO
Enerxías Renovables (3 ECTS)
O Protocolo de Kioto na Xestión Empresarial (3 ECTS)

MÓDULO VIII. PRÁCTICUM
Prácticas en Empresas (13 ECTS)

MÓDULO IX. PROXECTO FINAL
Traballo Fin de Máster (6 ECTS)
 

Galego

Español

English

faiTIC
Universidade de Vigo