 22/02/2012 Convocatoria de bolsas da Fundación Iberdrola para estudos de máster en España.Prazo 29 de febreiro A Fundación Iberdrola convoca as súas bolsas para estudios de máster en enerxía e medio ambiente en España. A III e a IV edición do MXDS contaron con bolseiros da Fundación Iberdrola. Prazo límite: 29 de febreiro de 2012.
 21/02/2012 Os alumnos do IV MXDS visitan PSA CITROËN O Centro de PSA Peugeot Citröen de Vigo colabora por primeira vez co Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible. Acompañados polo personal do Servicio de Medio Ambiente, os alumnos visitaron os puntos de interés ambiental da fábrica (depuradora de augas residuais, prensa de chatarra, parque de residuos e incineradora).  12/01/2012 Valora Consultores renova o seu apoio ao MXDS Valora Consultores, unha das principais empresas galegas no ámbito da sostibilidade, responsabilidade social e innovación, formalizou, por segundo ano consecutivo, un acordo de colaboración coa Universidade de Vigo para financiar o Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible. A firma colaborará tamén aportando profesores ao Máster e facilitando prácticas aos alumnos.
Ver noticia relacionada no DUVI.  29/11/2011 Os alumnos do IV MXDS visitan Sogama e Sotavento Un grupo de alumnos do IV MXDS visitaron as instalacións de Sogama en Cerceda (A Coruña) e o parque eólico experimental Sotavento, situado entre os términos muncipais de Xermade (Lugo) e Monfero (A Coruña).  08/11/2011 Blas de Lezo, empresa colaboradora do MXDS, premio ao mellor despacho español de dereito marítimo O despacho de avogados especializado no sector marítimo Blas de Lezo recibiu o premio ao mellor despacho español de dereito marítimo concedido pola revista Legal Acquisition International. A publicación especializada, líder do sector, na edición 2011 dos “Legal Awards” recoñeceu a labor de Blas de Lezo entre todos os despachos de España. A este recoñecemento únese que o socio director de Blas de Lezo, Miquel Roca, foi incluído na lista dos mellores 50 avogados de España que realiza a publicación Corporate International Magazine. Roca convírtese así no único avogado galego que accede a este selecto grupo de profesionais.
Máis información picando aquí.  02/11/2011 Alumnos do MXDS realizarán prácticas no centro vigués de PSA Peugeot Citröen O grupo automobilístico PSA Peugeot Citröen acaba de asinar un convenio coa Universidade de Vigo para que os alumnos do Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible poidan realizar prácticas de 6 meses nas instalacións da factoría gala en Vigo. Ademáis, o mestrado contará con expertos da firma automobilística para impartir diversos seminarios.
 07/10/2011 Emiliano López Atxurra inaugura a cuarta edición do Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible O 6 de outubro tivo lugar a inauguración do IV Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible. O acto contou coa presenza do Reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, e do avogado e econmista Emiliano López Atxurra, socio de EF International Strategy e conselleiro independente de Gas Natural Fenosa, Petronor e BBK Bank.
A conferencia impartida por Atxurra, titulada Enerxía e sociedade competitiva e sustentable, versou sobre o presente e o futuro enerxético internacional e foi seguida por alumnos do máster, membros da comunidade universitaria e representantes de diferentes empresas e institucións colaboradoras do MXDS.
03/10/2011 Publicada a listaxe provisional de admitidos no MXDS no terceiro prazo de matrícula Pode consultar a listaxe no apartado Matrícula. 19/09/2011 Publicada a listaxe definitiva de admitidos no MXDS no segundo prazo de matrícula Pode consultar a listaxe no apartado Matrícula. 12/09/2011 Publicada a listaxe provisional de admitidos no MXDS no segundo prazo de matrícula Pode consultar a listaxe no apartado Matrícula.  11/08/2011 Unha alumna do MXDS crea un plan para frenar ao visón americano no PN Illas Altánticas María García Chico, unha cacereña licenciada en Ciencias Ambientais, realizou entre os meses de abril e xullo as súas prácticas do Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible en Cíes. Durante este tempo coñeceu de preto as actividades que se levan a cabo dentro do plan de control do visón americano que coordina o biólogo da Universidade de Santiago Rafael Romero dende que se detectou que estos invasores supoñían unha enorme amenaza para a poboación de cormorán moñudo, unha especie en perigo de extinción.
O proxecto elaborado pola estudante aboga por crear unha zona de protección no entorno das illas e establecer un diálogo con administradores, criadores e asociacións ecoloxistas para pór coto á invasión.
Vexa a noticia publicada no Faro de Vigo pulsando aquí. 21/07/2011 Publicada a listaxe definitiva de admitidos no MXDS no primeiro prazo de matrícula Pode consultar a listaxe no apartado Matrícula. 14/07/2011 Publicada a listaxe provisional de admitidos no MXDS no primeiro prazo de matrícula Pode consultar a listaxe no apartado Matrícula.  07/07/2011 35 Bolsas do Campus do Mar para realizar másteres nas 3 universidades galegas O Campus do Mar convoca 35 Bolsas para realizar másteres nas 3 universidades do Sistema Universitario Galego (Universidades de Vigo, Santiago de Compostela e A Coruña), promotoras do Campus de Excelencia Internacional Campus do Mar. Estas bolsas están dirixidas a estudantes de calquera nacionalidade que sexan admitidos nun máster das universidades de Vigo, Santiago de Compostela ou A Coruña, e que centren o seu traballo de fin de máster no ámbito mariño ou marítimo. A bolsa financiará o custe da matrícula do máster (ata un máximo de 1800 € no caso de másters científicos e tecnolóxicos e de 1200 € nos dos ámbitos de humanidades e xurídico-sociais) e unha dotación mensual de 750 € mensuais durante o período de disfrute da bolsa. O prazo para solicitar estas bolsas remata o 29 de xullo de 2011. As bases da convocatoria poden ser consultadas na páxina web do Campus do Mar.11/05/2011 Prazo extraordinario de admisión para estudantes estranxeiros para o curso 2011-2012 A Universidade de Vigo convoca un prazo extraordinario de admisión para os estudantes estranxeiros. Cada máster poderá adiantar a admisión de ata 5 alumnos estranxeiros. O prazo de solicitudes vai do 9 de maio ao 30 de xuño de 2011. Para máis información sobre os requisitos de acceso, a documentación a presentar e o procedemento descargue a convocatoria ou consulte o apartado Matrícula. 03/05/2011 Aprobado o calendario de matrícula para o curso 2011-2012 A Comisión de Estudos de Posgrao, na súa reunión do 26 de abril de 2011, aprobou o calendario de matrícula para o curso 2011-2012. Para matrícula ordinaria (titulados) o primeiro prazo de matrícula é do 1 ao 7 de xullo. Se quedan prazas pendentes haberá un segundo prazo (do 30 de agosto ao 5 de setembro) e un terceiro prazo (do 27 ao 29 de setembro). A matrícula en formación continua (non titulados) realizaráse do 30 de agosto ao 5 de setembro.
 31/03/2011 Revertia comenza o desenvolvemento do seu informe sobre la Pegada de Carbono Revertia, en colaboración co Máster Universitario en Xestión do Desenvolvemento Sostible da Universidade de Vigo iniciou un estudio científico con dous obxectivos: coñecer a pegada de carbono dos procesos que se realizan nas súas instalacións e cuantificar o impacto en emisións de CO2 que ten a reutilización dos equipos informáticos frente á outra opción maioritaria de tratamento, a reciclaxe.
Máis información pulsando aquí.  15/03/2011 Visita a Sogama dos alumnos do III MXDS O 15 de marzo de 2011 os alumnos do III Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible realizaron unha visita ás instalacións de Sogama (Sociedade Galega do Medio Ambiente).  14/03/2011 Seminario de Daniel Rey García: Exploración do Gran Burato, indicios de gas e cambio climático Como parte do Ciclo de Conferencias sobre Enerxía, Sostenibilidade e Empresa organizado polo MXDS e Economics for Energy, Daniel Rey ( GEOMA, Grupo de Xeoloxía Marina e Ambiental da Universidade de Vigo) impartiu un seminario sobre a expedición científica ó Gran Burato, situado a uns 250 quilómetros da costa galega, para explorar as posibles reservas de gas.
 22/02/2011 Seminario de Senén Ferreiro: Empresa e cambio climático, retos e oportunidades Hoxe tivo lugar na sé da Fundación Pedro Barrié de la Maza a terceira das Conferencias sobre Enerxía, Sostenibilidade e Empresa organizadas polo MXDS e Economics for Energy. Senén Barreiro, Director Xeral de Valora Consultores, impartiu un seminario sobre os retos e oportunidades as que se enfrentan as empresas ante o cambio climático.
 21/02/2011 Bolsas Fundación Iberdrola para másteres en enerxía e medio ambiente 2011-2012 A Fundación Iberdrola presentou o pasado mes de xaneiro a II Convocatoria de Bolsas para Estudos de Máster en Enerxía e Medio Ambiente en España. As áreas formativas contempladas son as seguintes: enerxías renovables, xestión de emisións e captura de carbono, eficiencia enerxética, medio ambiente e biodiversidade, e sistema enerxético sostible. A presente convocatoria prevé conceder ata 25 bolsas para o periodo 2011-2012, para cursar estudos de máster en universidades ou centros tecnolóxicos españois. Esta convocatoria está dirixida a estudantes españois, británicos e estadounidenses.
O prazo de inscrición na convocatoria de bolsas 2011-2012 finalizou o 15 de febreiro. Tras a revisión de todas as solicitudes recibidas, publicaráse a relación final de candidatos admitidos o 15 de xuño de 2011.
 14/02/2011 Os alumnos do MXDS visitan Sotavento Un grupo de alumnos do III MXDS visitaron o parque eólico experimental Sotavento, situado entre os términos muncipais de Xermade (Lugo) e Monfero (A Coruña).  25/01/2011 Os alumnos do III MXDS asistiron a un curso de conducción eficiente O pasado 21 de xaneiro os alumnos do III MXDS realizaron un curso de conducción eficiente organizado pola Fundación Sotavento Galicia. Durante a xornada, unha educadora impartiu unha parte teórica e outra práctica nun vehículo facilitado pola fundación.
 13/12/2010 Seminario de Anil Markandya: Economía do cambio climático despois de Cancún Anil Markandya impartiu a segunda das conferencias sobre Enerxía, Sostenibilidade e Empresa organizadas polo MXDS e Economics for Energy. A conferencia do Director de BC3 e membro do IPCC (Panel Intergubernamental sobre cambio climático) versou sobre a Economía do Cambio Climático despois de Cancún.
 15/11/2010 Seminario de Rosa García Piñeiro: Políticas verdes, riscos e oportunidades Inaugurouse o Ciclo de Conferencias sobre Enerxía, Sostibilidade e Empresa, organizado polo MXDS e Economics for Energy, coa colaboración da Fundación Pedro Barrié de la Maza. A primeira das conferencias foi impartida por Rosa García Piñeiro (Directora de Sostibilidade de Alcoa para Europa) e versou sobre os riscos e oportunidades das políticas verdes.
 01/10/2010 O MXDS inaugura a súa terceira edición cunha conferencia de Heikki Willstedt O 1 de outubro inauguróuse a terceira edición do Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible cunha conferencia impartida por Heikki Willstedt, director de Políticas Enerxéticas da Asociación Empresarial Eólica. No transcurso do acto tamén se lle fixo entrega aos titulados da pasada edición dos seus diplomas acreditativos.
 02/09/2010 Valora Consultores súmase ó Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible Valora Consultores, unha das principais empresas galegas no ámbito da sostibilidade, responsabilidade social e innovación, formalizou un acordo de colaboración coa Universidade de Vigo para financiar o Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible. A firma colaborará tamén aportando profesores ao Máster e facilitando as prácticas dos alumnos.
 01/09/2010 O traballo fin de máster dun alumno do MXDS propón limitar a 18 os fondeos diarios nas Cíes A supervivencia do cormorán moñudo no Parque Nacional Illas Atlánticas peligra e o turismo náutico supón unha das súas maiores ameazas. Un estudio realizado na Universidade de Vigo recomenda reducir o número de embarcacións fondeadas no entorno de Cíes a un máximo de dezaoito. Unha cifra moi inferior ao centenar de veleiros e xates que recalan na zona durante moitas xornadas do verán. O biólogo Manuel Francisco Muñoz, que cursou o Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible durante o último ano e realizou as súas prácticas nas Illas Cíes, determinou o número de embarcacións que poden recalar nas súas augas durante un tempo determinado e as súas incidencias negativas na tasa de alimentación da especie. Os resultados forman parte do proxecto presentado como Traballo Fin de Máster co que acaba de concluir os seus estudos de posgrao.
 21/07/2010 A excelencia escolle o Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible Dúas bolseiras da Fundación Iberdrola, de entre os 38 elexidos, escollen o Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible da Universidade de Vigo para completar os seus estudios.
Trátase de A. Ballesteros, madrileña licenciada en Ciencias Ambientais e E. Medina, canaria e enxeñeira industrial, ambas con brillantes expedentes e varios premios.
Esta elección corresponde tanto á calidade do programa como á especificidade de contidos e ó seu perfil multidisciplinar e pioneiro. O feito de que a Fundación Iberdrola recibise máis de 600 solicitudes mostra a alta calidade dos escollidos. Os seus currículums son definidos como fóra de serie, o que dota ó MXDS de prestixio.
 23/02/2010 Conferencia de Rosa María Graña, presidenta de Tragsa Rosa María Graña, presidenta do grupo Tragsa, impartiu hoxe a terceira conferencia do ciclo organizado polo Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible. A conferencia versou sobre a xestión pública de residuos.
 25/01/2010 Visita dos alumnos do II MXDS ao parque eólico de Viveiro e a Alcoa O 25 de xaneiro os alumnos visitaron o parque eólico de Viveiro e as instalacións de Alcoa en San Ciprián.  18/01/2010 Seminario de Rosa García Piñeiro, responsable de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible de Alcoa Rosa García Piñeiro, responsable de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible de Alcoa a nivel europeo, impartiu hoxe a segunda conferencia do ciclo organizado polo MXDS.
 15/12/2009 Os alumnos do II MXDS visitan Sogama Os alumnos da segunda edición do Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible visitaron as instalacións de Sogama.  02/10/2009 Inaugúrase o II MXDS cunha conferencia do profesor José Manuel Moreno O profesor José Manuel Moreno participou no acto de apertura da segunda edición do Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible cunha conferencia sobre o traballo "neutral" dos científicos e a necesidade de que os gobernos tomen medidas contra o cambio climático. O Catedrático de Ecoloxía e director do departamento de Ciencias Ambientais da Universidade de Castilla-La Mancha é o responsable do Centro de Investigaciones del Fuego e participou como autor coordinador líder do capítulo europeo no IV Informe do Panel Intergubernamental de Expertos en Cambio Climático ( IPCC).
No transcurso do acto entregáronse os diplomas acreditativos aos alumnos da primeira edición do MXDS.
|