CURSO 2011-2012

Número de prazas ofertadas: 25

Criterios de admisión

O perfil multidisciplinar do máster, deseñado para formar profesionais polivalentes, estende o abano de candidatos a calquera titulado universitario. Non obstante, terán preferencia os que proveñan de titulacións dos ámbitos científico, tecnolóxico e xurídico-social afíns ao desenvolvemento sostible como, por exemplo, Bioloxía, Química, Ciencias do Mar, Enxeñería Industrial, Enxeñería de Minas, Enxeñería Forestal, Economía, Administración e Dirección de Empresas, Empresariais, Dereito, etc.

Os non titulados poden cursar o MXDS en réxime de formación continua.

O MXDS busca a máxima internacionalización e promove a participación de alumnos estranxeiros. Por ese motivo, reserva un cupo para alumnos de fóra do Espazo Europeo de Educación Superior. Para máis información: rede@uvigo.es


Criterios de selección

A Comisión Académica do Máster é o órgano encargado da selección dos alumnos. Pode consultar aquí os criterios de selección.

Galego

Español

English

faiTIC
Universidade de Vigo