Ainara Ballesteros Larrañaga - Lda. Ciencias Ambientais - España (III MXDS, curso 2010-2011) - Bolseira Fundación Iberdrola

Ainara Ballesteros Larrañaga - Lda. Ciencias Ambientais - España (III MXDS, curso 2010-2011) - Bolseira Fundación IberdrolaComo moitos estudantes, ao finalizar a carreira pensei en estudar un máster para tentar orientar a miña carreira profesional e xurdiume a pregunta de ¿cál escoller? As principais razón polas que elexín o Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible da Universidade de Vigo son as prácticas en empresas que ofrecen aos estudantes, as que me permitiron comezar a miña carreira profesional no ámbito no que realmente quero traballar; e o seu carácter multidisciplinar, o feito de compartir clase con persoas de distintos países, distintas partes de España e, sobre todo, distintas formacións académicas, enriqueceume tanto persoal como profesionalmente. Ollando atrás, considero que a elección do máster foi a correcta, polo que non podo deixar de recomendalo a todas aquelas persoas interesadas no desenvolvemento sostible.

Denise Selene Jiménez Agonizante – Lda. Contaduría – México (III MXDS, 2010-2011)

Denise Selene Jiménez Agonizante – Lda. Contaduría – México (III MXDS, 2010-2011)Viaxei a Vigo para realizar unha estadía de investigación pero, unha vez alí, informáronme sobre a posibilidade de me matricular no Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible e pregunteime ¿por qué non? A resposta é sinxela, porque non me podía negar a oportunidade de ampliar os meus horizontes tanto profesionais como persoais. A realización deste máster foi unha experiencia vital única por diversos factores, entre eles, que estudas nun campus universitario fermoso, en grupos multidisciplinarios, con profesores de primeiro nivel, cun programa académico amplo en contidos, fas visitas a institucións especializadas e tomas de primeira man a súa experiencia e acudes a seminarios de primeiro nivel. Ademais podes realizar tres meses de prácticas profesionais nunha empresa, o que é un plus xa que te expós ao mercado laboral baixo unha referencia. Agora, na miña vida, Vigo é entrañable e o MXDS é FENOMENAL.

Carlos Meijome Juiz – Ldo. Administración e Dirección de Empresas – España (III MXDS, 2010-2011)

Carlos Meijome Juiz – Ldo. Administración e Dirección de Empresas – España (III MXDS, 2010-2011)O MXDS foi se dúbida unha das miñas mellores experiencias vitais e académicas. A posibilidade de compartir esta experiencia cun grupo interdisciplinar e multicultural, en canto a profesores e estudantes, compartindo experiencias con profesionais de formacións diversas pero complementarias, e de moi distintos lugares do mundo, é unha oportunidade que non se debe deixar pasar.

F. Manuel Muñoz Muñetones - Ldo. Bioloxía - Colombia (II MXDS, 2009-2010)

F. Manuel Muñoz Muñetones - Ldo. Bioloxía - Colombia (II MXDS, 2009-2010)Cursar o Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible significou para min un punto de inflexión no meu desenvolvemento integral como ser humano, non só no plano académico e profesional, senón tamén como experiencia de vida. O feito de que compartas a aula cun grupo de persoas de diferentes ámbitos profesionais e nacionalidades, de entrada, fai que o desenvolvemento do curso sexa enriquecedor ó existir ese “pool” de coñecementos, de experiencias e de puntos de vista ó redor dun eixe temático fundamental: o Desenvolvemento Sostible. E máis aínda, cando contas co asesoramento dun equipo multidisciplinar de docentes e profesionais especializados no tema, cos cales podes chegar incluso a construir valiosos lazos de amistade. A súa proposta académica, contidos temáticos, visitas a diferentes entidades estatais e privadas, seminarios con expertos e recoñecidas personalidades no ámbito industrial e ambiental e as súas prácticas laborais e formativas en institucións e empresas recoñecidas a nivel nacional e internacional fan deste Máster a mellor opción para aqueles que ansiamos atopar as mellores alternativas de solución ó problema real e subsecuente da interacción home e medio ambiente.

Cristina Álvarez Alijo - Lda. Dereito - España (II MXDS, 2009-2010)

Cristina Álvarez Alijo - Lda. Dereito - España (II MXDS, 2009-2010)O Máster en Xestión do Desenvolvemento Sostible doume a oportunidade de poder ampliar a miña formación profesional cara un sector que desde sempre me interesara e cara o cual me gustaría encamiñar o meu futuro profesional.
En canto á carga teórica do Máster, moi amplia e variada, permiteume obter de man de todo o corpo docente, una amplia visión do Desenvolvemento Sostible, xa non só desde un punto de vista académico senón profesional. En canto á parte práctica, persoalmente permitíume tomar contacto cun campo totalmente alleo ó que se correspondía coa miña formación académica anterior, o que foi unha grande experiencia e aportoume grandes coñecementos e ferramentas para o meu futuro profesional.

Irving Morales Ordosgoitia - Enxeñeiro Mecánico - Colombia (I MXDS, 2008-2009)

Irving Morales Ordosgoitia - Enxeñeiro Mecánico - Colombia (I MXDS, 2008-2009)Un mercado cada vez máis competitivo e esixente demanda industrias capaces de responder aos requirimentos dos seus clientes dunha forma eficaz e eficiente. Esta tendencia fai que sexa cada vez máis importante optimizar a relación da industria non só cos aspectos económicos relevantes da súa actividade, senón tamén con todos aqueles aspectos relacionados coa sociedade e o medio ambiente. O enxeñeiro convértese en peza crave de toda esta nova revolución industrial e este máster bríndalle unha visión ampla da situación actual, as novas tendencias e os seus mecanismos de adaptación. A formación goza dun balance entre a academia e a industria que permite ao estudante desenvolver cada concepto dentro dun contexto real onde as formulacións das partes interesadas analízanse promovendo a procura do espírito do máster, o desenvolvemento sostible.

Guillermo Alberto Piovano - Ldo. Dereito - Arxentina (I MXDS, 2008-2009)

Guillermo Alberto Piovano - Ldo. Dereito - Arxentina (I MXDS, 2008-2009)O MXDS foi unha experiencia moi valiosa para a miña formación profesional e persoal. Contidos amplos e moi variados, para meterse de cheo no mundo do desenvolvemento sustentable e a súa posta en práctica da mellor maneira, con profesores especializados e moi bo material.
Cunha forte carga de formación teórica e práctica, creo que obtiven ferramentas básicas e moitas fontes de consulta permanente para comezar a forxar a miña carreira profesional.
Ademais, os perfís multidisciplinarios de quen asistimos á primeira edición axudaron a xerar intensos debates na clase que ampliaron o desenvolvemento e incorporación de novos conceptos; o trato diario con persoas de formacións académicas moi diversas permitiunos abrir o noso espectro de razoamento e puntos de vista. Ao mesmo tempo, formouse un grupo moi divertido que ata se atreveu a probar a noite viguesa tras as avaliacións.
Pola súa banda, o corpo docente e dirección do máster demostraron gran flexibilidade coas situacións persoais de cada alumno, como no meu caso, que sendo latinoamericano, brindáronme moita axuda para atravesar todo o proceso de matriculación e obtención do visado de estudante español. Neste senso, Vigo, a súa Universidade e a súa xente acolléronme dunha maneira moi cálida. Pasei un ano realmente inesquecible, e foi unha experiencia máis que recomendable.

Lucía González Mariño - Lda. Ciencias do Mar - España (I MXDS, 2008-2009)

Lucía González Mariño - Lda. Ciencias do Mar - España (I MXDS, 2008-2009)Desde logo decidirse por un dos moitos títulos de especialización existentes, non é sinxelo. Tes que ver moitas cousas, máis aínda se, coma é o meu caso, xa estás traballando, tes que compaxinar os horarios e non vas a dispor de moito tempo libre. A decisión de optar por un máster en Desenvolvemento Sostible foi valorada porque hoxe en día, calquera profesional que traballe no eido da consultaría e xestión da innovación debe ser capaz de xestionar proxectos incorporando políticas e prácticas de desenvolvemento sostible. Este máster aportoume as ferramentas e competencias necesarias para poder crecer profesionalmente ao tempo que me permite desenvolver mellor o meu traballo diario. O esforzo ben mereceu a pena.

Alfredo Alcalá Medina - Ldo. Dereito - España (I MXDS, 2008-2009)

Alfredo Alcalá Medina - Ldo. Dereito - España (I MXDS, 2008-2009)O Master en Xestión do Desenvolvemento Sostible deume a oportunidade de reciclarme profesionalmente, nun momento de especial dificultade no mercado laboral. Creo que o feito de que nas axendas de todos os gobernos do mundo figure a cuestión ambiental como prioritaria, ha de permitir o desenvolvemento de carreiras profesionais a todos os que se especialicen neste ámbito.
Do desenvolvemento do Máster destaca a calidade dos docentes e o ambicioso do programa, que nos achegou aos alumnos unha amplísima e rigorosa visión do Desenvolvemento Sostible.

Galego

Español

English

faiTIC
Universidade de Vigo