Telefonía
Explota a rede de centrais telefónicas de que dispón a universidade. Os seus obxectivos son xestiona-los cambios que a dita rede sofre, así como atender e resolve-las avarías. Verbo do primeiro, a maioría débese a cambios na utilización que fan os usuarios/as da rede, os principais son:

Directorio

Existe unha base de datos que actúa como directorio telefónico da universidade na que están rexistrados os usuarios/as de cada extensión de telefóno fixo. Dito directorio é accesible a través da web mediante un esquema de buscas flexibles.

Outro obxectivo do directorio é manter en todo momento a información de quén é o usuario/a de cada teléfono en cada momento co obxecto de imputarlle o seu gasto telefónico ó centro de gasto que proceda.

É importante facer notar que as extensións telefónicas están sempre ligadas ás persoas que as utilizan e non á súa situación física. Por iso cando unha persoa deixa de utilizar, pola razón que sexa, unha extensión, debe de notificalo co formulario correspondente, doutro xeito seguirase a considerar responsable do gasto telefónico da dita liña.

[arriba]

Solicitudes máis frecuentes

Alta/baixa de liña: instalación/desintalación dunha liña nova para un usuario/a.
Alta/baixa de usuario/a nunha liña existente: rexistrar ou dar de baixa un usuario/a como utilizador compartido con outro(s) dunha liña que xa existe.
Cambio de categoría: reconfiguración dunha extensión para poder realizar chamadas doutro ámbito diferente (locais, provinciais, nacionais, etc.).
Traslado físico de liña: muda-la ubicación dunha liña a outro sitio.
[arriba]

Condicións Económicas do Servicio

Existe una lista de centros de gasto telefónico entre os que se imputa o uso do teléfono. Estes son os departamentos, facultades, servicios, etc. Dado que o uso do teléfono xera gasto, tódalas solicitudes irán xunto cunha autorización do responsable do centro de gasto correspondente.

As altas de liña nova conlevan un custe de 144,24 Euros (correspondentes a parte do custe da ampliación de centraliña e terminal telefónico). Deberase de adjuntar coa solicitude a RC por dito importe, con cargo o capítulo 6 do correspondente centro de gasto do departamento, escola ou facultade. No caso de que a extensión sexa dixital, sempre e cando quede debidamente xustificado, o custe será de 288,48 Euros.

As baixas de unha liña conleva un abono de 80,00 €. Ditos abonos contabilizaranse no SEINV para compensar ó peche do ejercicio con outras altas ou consumos.

Esquema dos procedementos de solicitudes de altas e baixas da telefonía fixa


Respecto o consumo regular dos distintos centros e departamentos, existe unha resolución rectoral vixente de data 18 de outubro de 2001 na que se establece un sistema de créditos para cada un de estes centros de gasto. O SEINV emitirá informes de facturación mes a mes co obxeto de ter o dia os diferentes centros e departamentos da marcha do seu consumo así coma de a que usuarios se imputa. Aqueles centros de gasto que o final do ano se excedan do seu crédito deberán de facer frente ó exceso de consumo mediante as correspondetes retencions de crédito.

Esquema dos procedementos de cargos dos consumos da telefonía fixa

[arriba]

Asignación ós diferentes centros de gasto

As normas xerais para a imputación do gasto telefónico ós diferentes centros de gasto son as seguintes:

Para o PDI, incluídos bolseiros/as, laboratorios, seminarios, etc., será o departamento ó que pertenza.
Para todos aqueles teléfonos de uso común dun centro, como poidan ser conserxerías, negociados e delegacións do alumnado, faxes de centro, etc., será o centro de gasto a facultade ou a escola que corresponda.
Para o PAS será o servicio central (entendendo por servicio central aquel que ten xefe de servicio) ou, de se-lo caso, o vicerrectorado do que dependan.
Existe unha serie de extensión que non tendo unha estreita relación co centro no que se encontran, deben de asignarse a éstes. Ejemplos son: as delegacións de alumnos e locais de asociacions, cafeterías, reprografías, etc… O SEINV ten activada a posibilidade de utilizar tarxetas prepago dende ditas extensións de xeito que soamentes van a xerar consumo en devanditos centros de gasto polas cuotas de abono.
[arriba]

Normas para a redacción dos formularios

Será preciso completar en liña tódolos campos dos formularios xa que isto automatiza certos campos en función doutros.
No caso de PDI admitiranse varios nomes, un por usuario/a da dita liña que pertenzan ó mesmo centro de gasto (departamento). Incluirase o nome e os dous apelidos de cada usuario/a e ademais cadanseu DNI.
En caso de PAS o campo do nome reflectirá o cargo que ocupan e non o seu nome propio.
En caso de ser un fax indicarase no epígrafe "nome".


[arriba]

Tipos de formulario

Alta de liña telefónica: solicitarase cando sexa necesaria unha liña nova. O custo desta será de 144,24 euros para sufraga-la parte proporcional de infraestructura necesaria (terminal, tarxeta de extensións, bastidor, cableado, etc.). Terá como consecuencia a asunción por parte do centro de gasto consignado do tráfico cursado pola dita liña. Existen situacións excepcionais nas que se xustifica o uso dunha liña dixital, nese caso o custo da alta será de 288,49 euros .

Alta de usuario/a: cando un usuario/a pase a utilizar (de xeito compartido) unha liña xa existente. O importe do tráfico cursado será repartido entre tódolos usuarios/as (e en última instancia os seus centros de gasto) da liña.

Baixa de usuario/a: equivalentemente poderase dar de baixa aquel usuario/a que deixa de utilizar unha liña. Se é o único usuario/a suporá a desinstalación da liña quedando dispoñibles os recursos (número de extensión). Si procede (o alta de dita liña foi aboada mediante RC emitida polo centro de gasto) o procesaren a baixa, contabilizarase 80 Euros. para compensaren o finales de ano con outros consumos.

Traslado de liña: cando por motivos de traslado dos usuarios/as cumpra cambiar de situación unha liña. Os traslados pódense facer con total liberdade (agás por falla de portos dispoñibles) dentro de cada unha das 3 redes (Vigo, Pontevedra e Ourense). Isto permitirá a conservación do número de extensión coas súas vantaxes correspondentes.

Cambio de categoría: A categoría dunha extensión define, entre outras cousas o ámbito das chamadas (internas, metropolitanas, provinciais, etc.) que se poden facer actuando como mecanismo de contención do gasto.

[arriba]

Liñas dixitais

Existen un tipo de extensións nas que está xustificado o seren dixitais (con display). Estas son:

Conserxerías dos centros.
Decanatos (1 para a direccion e outra para a secretaría).
Xefaturas dos negociados dos centros.
Administradores de centros.
Xefes de servicio.
Non se encontrará xustificado o cambio a dixital de outras extensións polo feito de ser usadas por persoas que ocupen algún de estes cargos.