Universidade de Vigo
Nome do centro
Cabeceira

Ano Internacional da Química

2011 foi proclamado Ano Internacional da Química pola Asemblea Xeral da ONU coa fin de concienciar ao público acerca das contribucións desta ciencia ao benestar da humanidade.

En 2011 celébrase tamén o centenario da entrega do Premio Nobel a Marie Curie polas súas aportacións á Química e da fundación da Asociación Internacional de Sociedades Químicas. Esta conmemoración pretende destacar a contribución da Química como ciencia creativa esencial para a mellora da sustentabilidade dos nosos modos de vida e para a resolución dos problemas globais e esenciais da humanidade en ámbitos como a alimentación, a auga, a saúde, a enerxía ou o transporte.

A UNESCO (United Nations Educational, Scientific and cartel ano internacional da quimica 2011Cultural Organization) e a IUPAC (International Union of Pure and Applied Chemistry) son as institucións designadas para levar a cabo esta promoción da Química.

Baixo o lema "Chemistry: our life, our future" ("Química: a nosa vida, o noso futuro"), os obxectivos desta conmemoración son: incrementar a apreciación pública da Química como ferramenta fundamental para satisfacer as necesidades da sociedade, promover o interese pola Química entre os mozos e xerar entusiasmo polo futuro creativo da Química.

A Facultade de Química da Universidade de Vigo únese a esta conmemoración e quere invitar a todos a participar nas diferentes actividades organizadas con motivo da celebración do Ano Internacional da Química.

O programa de actividades comeza co Acto Inaugural celebrado o xoves día 5 de maio e continuará con diversas actividades que se detallan no menú da esquerda.

A clausura do Ano Internacional da Química na Facultade terá lugar nun acto que coincidirá coa celebración do día adicado a S. Alberte Magno.

lema ano internacional da quimica idiomas