Andreotti, Alberto
Ercilio
Casal Giráldez, Emma
Clemente Fernández, Yolanda Eugenia
Cobo Pacios, Yolanda
Coto, Mercedes
Fernández Blanco, Beatriz
Fernández Cendón, María del Mar
Fuentes Maquieira, Ana Isabel
Fernández Mosquera, Ángela
Iglesias Lago, Dolores
|
Iglesias Mendez, Mª
Luisa
Lamazares Carlin, Violeta
Ledo Regal, María Teresa
Martínez Castro, Olaia
Porto Paderne, Patricia
Seco Benso, Laura,
Suárez Cabeza, Carmen
Tenorio González, Paula
Vázquez Silva, Iria
|
Dirección
e Información
Purificación
Mayobre Rodriguez [ descargar
imaxe ]. Profesora Titular de Filosofía. Universidade de
Vigo. Contacto: Teléfono
988 38 71 20 / Fax 988 38 71 59 a nome de Purificación
Mayobre / Correo Electrónico: pmayobre@uvigo.es.
Dirección Postal: Facultade de Ciencias da Educación.
Campus Universitario "As Lagoas". Av. Castelao, s/n. 32004
OURENSE.
Beatriz
Suárez Briones [ descargar
imaxe ]. Profesora Titular de Teoría da Literatura. Universidade
de Vigo. Contacto:
Teléfono 986 81 23 45 / Fax 986 81 23
80 a nome de Beatriz Suárez / Correo Electrónico:
bsuarez@uvigo.es. Dirección
Postal: Facultade de Filoloxía e Traducción. Campus Universitario.
Lagoas-Marcosende. 36310 VIGO (Pontevedra).
Organiza
-- Universidade
de Vigo.
Colaboran
-- Secretaría
Xeral de Igualdade. Xunta de Galicia.
-- Instituto
de la Mujer.
-- Concello de Vigo.


| PREINSCRICIÓN,
MATRÍCULA E BOLSAS |
Bolsas
e outras axudas económicas:
ORDEN
ECI/3259/2006, de 11 de octubre, por la que se convocan becas para cursar
estudios de másteres oficiales en el curso 2006-2007. O prazo
de solicitude remata o 30 de Novembro de 2006.
Orde
do 1 de agosto de 2006 pola que se convocan axudas para a realización
de estudos oficiais de posgrao nas universidades do sistema universitario
de Galicia conducentes ao título de máster. O prazo
de solicitude remata o 15 de setembro de 2006.
RESOLUCIÓN
de 22 de agosto de 2006, de la Secretaría de Estado de Universidades
e Investigación, por la que se convocan ayudas a universidades
para favorecer la movilidad de profesores visitantes y de estudiantes
en másteres oficiales para el curso académico 2006-2007.
O prazo para profesores visitantes é do
20 de setembro ao 10 de outubro de 2006.
O prazo para os estudantes é do 2 ao 22 de outubro de 2006.
Impresos
de solicitude e formularios na páxina do Ministerio de Educación
e Ciencia
CONSELLERÍA
DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA. Orde do 30 de
xuño de 2006 pola que se anuncia convocatoria pública
de axudas ao alumnado universitario galego interesado en solicitar créditos
bancarios para financiamento dos seus estudos ou prorrogar os concedidos
na convocatoria anterior. O prazo de solicitude remata o 12 de setembro
de 2006.
Bolsas
e axudas. Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria. Xunta de Galicia - Ministerio de Educación e Ciencia.
Prezos Públicos:
Taxas
Matrícula: Posgrao 1º Curso académico 2006/07:
60 créditos ECTS X 17.77 €/crédito = 1066.20 €
+ Taxas apertura expediente: 20.59 € = 1086.79 €. Poderase
pagar nun único plazo ou en tres plazos: 1º Plazo.-
Pago do 50% no momento de matricularse (543.41 €). 2º
Plazo.- Pago do 25% do 1 ao 20 de Decembro do 2006 (271.69 €).
3º plazo.- Pago do 25% do 20 de Xaneiro ao 10 de Febreiro
do 2007 (271.69 €).
Decreto
117/2006, do 13 de xullo, polo que se fixan os prezos correspondentes
aos estudos conducentes á obtención de títulos
oficiais no ensino universitario para o curso 2006/2007. CONSELLERÍA
DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA. Diario Oficial
de Galicia (DOG). Nº 144. Xoves 27 de Xullo de 2006.
Impreso
de preinscrición:
Descarga
do Arquivo en Word.
Descarga
do Arquivo en PDF.
Número
de Plazas:
Mínimo: 10 Máximo:
20 Ampliado
Período
de Preinscrición e Matrícula:
1º Prazo de solicitude
de admisión do 15/07/2006 ó 08/09/2006
1º Listaxe provisional de admitidos/as 15/09/2006
1º Prazo de reclamación do 16/09/2006 ó 20/09/2006
1º Prazo de matrícula e listaxe definitiva de admitidos
do 25/09/2006 ó 29/09/2006
2º Prazo de solicitude
de admisión do18/09/2006 ó 29/09/2006
2º Listaxe provisional de admitidos/as 05/10/2006
2º Prazo de reclamación do 6/10/2006 ó 11/10/2006
2º Listaxe definitiva de admitidos o 13/10/2006
2º Prazo de matrícula do 13/10/2006 ó 18/10/2006
Lugares
de Preinscripción:
Rexistros
Oficiais dos tres Campus Universitarios (Vigo, Ourense e Pontevedra).
--
Reitoría (Campus Universitario. As Lagoas - Marcosende.
CUVI - Vigo)
-- Escuela Universitaria
de Ingeniería Técnica Industrial. Rúa Torrecedeira,
86. 36208 Vigo. Tel: 986 813 688. Fax: 986 813 663. (Campus Torrecedeira
na cidade de Vigo). e-mail: sdeueti@uvigo.es.
-- Fac.
CC. Sociais e da Comunicación., Área de Servicios
á Comunidade. Campus A Xunqueira, s/n. 36005 Pontevedra.
Tel: 986 801 999. Fax: 986 801 997. e-mail: sdfasoc@uvigo.es.
-- Unidade Adva. Área de Servicios á Comunidade.
(Campus Universitario de Ourense - As Lagoas. Av. Castelao s/n. 32004
Ourense). Tel: 988 387 103. Fax: 988 387 190.
Publicación
das listas de persoas admitidas:
A
lista publicarase na páxina web da Vicerreitoría
de Titulacións e Converxencia Europea e nesta mesma páxina
web.
Máis
información:
Vicerreitora
de Titulacións e Converxencia Europea
Dra. Dona Carmen García Mateo
Correo electrónico: victce@uvigo.es
Organigrama
Vicerrectoría de Titulacións e Converxencia Europea.
Enderezo
Edificio CACTI. Segundo Andar. Campus Universitario. 36310 - Vigo. Teléfono:
+34 986 813442. Fax: +34 986 81 34 44
-- Web
de la Vicerreitoría de Titulacións e Converxencia Europea
de la Universidad de Vigo.
-- Espacio
Europeo de Educación Superior. Ministerio de Educación
y Ciencia. España.

Obxectivos.
Xustificación Académica. Xustificación Social.
Extensión: 4 páginas DIN A4.
Formato:
Word. 34
Kb.

Estructura
Currícular do Programa
Descargar
Plano do Programa Oficial de Postgrao (POP) en Estudos de Xénero
Descargar
Programa de Estudos. Asignaturas
Modalidade
de enseñanza: Presencial.
Lugar da
docencia: Universidade
de Vigo. Campus As Lagoas - Marcosende. Vigo. España.
Días
e horas da docencia:
Xoves,
Venres e Sábado. Horarios: Xoves e Venres (16 a 21 hrs.) // Sábado
(9 a 14 hrs.)
Nalgunha asignatura acordarase o horario de clases e os días
co alumnado.
Duración:
1º Curso: 2006 / 07 - 2º Curso: 2007 / 08.
Comenzo
das clases: 19
de Outubro de 2006.
Coherencia
do programa en función dos estudos que o integran
Os Estudos de xénero son obrigadamente multidisciplinais, porque
do que se trata é de analizar como o xénero modela tódalas
disciplinas e ámbitos de coñecemento, do mesmo xeito que
impregna e modela tódalas prácticas sociosimbólicas
e culturais.
O programa estructúrase en seis módulos teóricos
e dous módulos prácticos; no seu desenvolvemento académico
poderá observarse na práctica o devandito carácter
multidisciplinar dos Estudos de Xénero. O primeiro módulo
teórico é de fundamentación e está adicado
a dar a coñecer os elementos estructurais, ideolóxicos,
simbólicos e sociais nos que se asentan as relacións de
xénero nas ciencias sociais e humanas. Os outros módulos
teóricos pretenden unha aproximación a conceptos, teorías
e problemáticas claves para a aplicación das políticas
públicas con perspectiva de xénero.
Estructura modular dos títulos integrados no programa e relación
entre os mesmos
Primeiro
Curso 2006 - 2007
O plano de estudos do Posgrao de Xénero e Igualdade estructúrase
en dous cursos académicos. O primeiro curso está
adicado á adquisición dos coñecementos estructurais
do xénero como principio de organización social, da teoría,
da epistemoloxía, da metodoloxía e da retórica
feminista. Neste primer curso será necesario facer os módulos
teóricos 1, 2 e 3 e aproximarse á realidade práctica
facendo as visitas a centros ou colectivos que atenden a mulleres e
facendo as prácticas en institucións que atenden á
mulleres. Completarase a formación coas aportacións das
asignaturas optativas.
Módulo
01. Teorías e prácticas feministas
Este primeiro módulo está adicado a clarificar, fundamentar
e afianzar os coñecementos teóricos sobre a perspectiva
de xénero. O obxectivo fundamental do mesmo é que as persoas
asistentes podan enmarcar a súa formación nunha concepción
teórico-práctica da problemática de Xénero
partindo dunha definición fundamentada.
--
Teorías feministas. Epistemoloxías feministas.
-- Teorías e Historias Feministas
-- Construcción cultural do xénero e a sexualidade.
-- Estudos feministas / estudos de xénero: fontes e metodoloxías
-- Os estudos lesbianos, gais e queer
-- Retóricas do xénero.
-- Xénero, Discurso e Lingua
-- Introducción á crítica feminista da literatura,
arte, estética e cine
Módulo 02. Educación, Multiculturalismo e Xénero.
No segundo módulo abórdase o análisis dos procesos
de socialización e educación como "tecnoloxías
de xénero" utilizadas pola cultura hexemónica para
configurar identidades femeninas ou masculinas dacordo cos estereotipos
e roles establecidos. O seu obxectivo será, precisamente, deconstruir
eses estereotipos de xénero, de etnia e de clase, de crenza religiosa,
etc.
--
Educación, mulleres e historia
-- Socialización, educación e xénero.
-- Coeducación e educación en valores.
-- Educación afectivo sentimental.
-- Multiculturalismo e desenvolvemento.
-- Xénero, hexemonía cultural e etnia.
-- Construcción da identidade psicosocial e xénero.
-- Medios de comunicación e xénero.
Módulo 03. Economía e xénero.
No módulo tres tratanse os problemas estructurais dunha sociedade
baseada nun contrato sexual e dividida en dous ámbitos ben diferenciados
e xerarquizados: o ámbito productivo e o reproductivo. O seu
obxectivo será presentar alternativas, habilidades e destrezas
para facer fronte á exclusión das mulleres dos espazos
de poder económico e combatir fenómenos como a segregación
vertical e horizontal por sexo, a feminización da pobreza, o
paro femenino, a precarización laboral. Aportaránse estratexias
para intervir en proxectos de promoción do emprego e no coñecemento
de alternativas para a Igualdade de oportunidades.
--
Traballo e identidade femenina
-- Xénero e mercado de traballo
-- Xénero de dereitos laborais
-- O xénero das políticas públicas
-- Globalización, pobreza e mulleres
-- Medición do traballo doméstico.
-- Presupostos políticos e lexislativos adicados á conciliación
da vida profesional e doméstica.
-- Política fiscal e xénero.
Módulos
Prácticos:
- Prácticas
en institucións que traballan con mulleres. (3 créditos)
- Visitas
a centros de atención á mulleres e institucións
ou colectivos que traballan con mulleres. (1 crédito)
Segundo Curso 2007 - 2008
No segundo curso os estudos están adicados á consecución
dunhas competencias profesionais en políticas de igualdade. Realizaranse
os módulos 4 e 5 máis os dous talleres e a Tese de magíster
e as asignaturas optativas correspondentes. Neste segundo curso hai
menos carga docente dada a necesidade de dispoñer de máis
tempo por parte do alumnado para realizar a Tese de magister.
Módulo 04. Cidadanía. Dereitos civís. Violencia.
Neste módulo abórdanse os fenómenos de exclusión
social e os aspectos nos que se sustentan os problemas de desigualdade
de oportunidades, a partir dos que se ensinarán destrezas para
a intervención e para buscar posibles alternativas.
--
Xénero, política e democracia.
-- Cidadanía e políticas de paridade.
-- Exclusión social dende a perspectiva de xénero
-- As mulleres como suxeitos de dereitos
-- Violencia de xénero. Violencia sexual
-- Violencia de xénero: as súas repercusións no
ámbito da saúde.
-- Análise do marco legal da violencia de xénero
-- Prostitución. Análise das posturas á debate:
abolicionista e regulacionista
.
Módulo
05. Políticas de Igualdade.
O módulo cinco céntrase no coñecemento das políticas
de Igualdade en distintos ámbitos da administración así
como na profundización na discriminación positiva e no
mainstreaming de Xénero como ferramentas fundamentais das políticas
públicas de igualdade. Tamén se formará as/os asistentes
en métodos e técnicas de avaliación de políticas
de igualdade.
--
Feminismo: Teoría e Práctica
-- A transversalidade de xénero nas políticas públicas
-- Definición e aplicación das políticas de igualdade
-- As políticas de igualdade nas políticas públicas
-- As políticas de igualdade na empresa
-- Modelos de aplicación
-- Avaliación de políticas e plans de igualdade
Módulos Prácticos
- Taller 1. "Liderazgo
e negociación positiva con enfoque de xénero".
- Taller 2. "Deseño
e elaboración de proxectos e informes dende a perspectiva de
xénero".
- Tese
de Magister. (4 créditos)

Destinatarias/os
--
Profesorado, investigadores/as interesados/as en ampliar os seus estudos
sobre a Igualdade de xénero.
-- Funcionarias/os dos Corpos de Seguridade do Estado, nacionais, autonómicos
ou municipais, capaces de prevenir, atallar e suministrar axuda a mulleres
víctimas de violencia de xénero, en risco de exclusión
social ou lesionadas nos seus dereitos.
-- Profesionais da abogacía, Xudicatura e Fiscalía para
adquirir coñecementos específicos sobre boas prácticas
na aplicación do Xénero transversalmente.
-- Profesionais da saúde para que coñezan a singularidade
dos problemas que deben atallar derivados da violencia de xénero
ou do trato discriminatorio.
-- Profesorado de todos os niveis educativos ós que se esixe
este tipo de formación segundo o prescrito na Ley Integral contra
a Violencia de xénero.
-- Profesionais do Traballo Social para adquirir competencias para afrontar
problemas derivados da desigualdade real que sufren as mulleres.
Condicións
de Acceso
É necesario cumprir
os requisitos esixidos na normativa das Ensinanzas de Posgrao:
-- Estar en posesión
dun título de grao ou equivalente (licenciado/a, enxeñeiro/a,
diplomado/a)
-- Acreditar ter superados 180 créditos correspondentes ás
ensinanzas de 1º ciclo.
Os estudantes que estean en posesión dun título
de educación superior extranxeiro non homologado deberán
solicitar ao Reitor a equivalencia aos títulos españois
de grao: Descargar
Impreso Solicitude de Equivalencia
Os estudantes con 180 créditos superados, incluída
a troncalidade, e non titulados poden
solicitar ao Reitor a non exclusión da lista de admitidos :
Descargar
Impreso Solicitude de Non Exclusión
Sistemas
de admisión e criterios de avaliación de méritos
Currículo segundo baremo oficial da Universidade. Darase especial
importancia curricular á formación en xénero (cursos,
congresos, seminarios, etc...) que terán o valor de materias
específicas fronte o resto de materias afíns ou que se
teña traballado con colectivos de mulleres.

|