![]() |
|
[
Master ] [
Profesorado 1 ] [
Profesorado 2 ] [
Fotografías ] [
Textos
entregados ]
[
Prensa ]
[
Cátedra Feminista
]
|
|
Máster
- Información General
Indice de Navegación de esta Página [ Becas y Matrículas ] [ Presentación ] [ Organización ] [ Programa ] [ Criterios Admisión ] [ Preinscrición, Matrícula e Becas ] [ Avaliación ] |
|
Dirección
en Internet de la página del Master:
http://webs.uvigo.es/pmayobre/pc/master.htm webs.uvigo.es/pmayobre/pc/master
Ábrese o plazo de matrícula, do primeiro plazo de preinscripción, do 2 de Novembro hasta o 17 de Novembro do 2004: A matrícula pódese pagar en DOUS PLAZOS:
Obxectivos Coñecer
e reflexionar sobre os fundamentos teóricos e disciplinares do
xénero e sobre as súas implicacións nas decisións
das políticas públicas. Ofrecer
instrumentos conceptuais, metodolóxicos e técnicos que permitan
diagnosticar, analizar críticamente, comprender, avaliar e deseñar
a formulación e posta en marcha de iniciativas públicas
ou privadas orientadas a lograr a transformación das desigualdades
de xénero e acadar a igualdade. Promover
o enfoque de políticas "Mainstreaming de xénero"
(a análise da transversalidade cultural do xénero) como
instrumento de creación de condicións, de espacios, prácticas
organizativas e relacións de igualdade real entre mulleres e homes. Formar
ás/ós docentes en aspectos referentes á cuestión
de xénero nos diversos niveis académicos e intervir en iniciativas
públicas ou privadas dirixidas á consecución da igualdade
real.
Xustificación Académica O
recoñecemento da igualdade formal sancionado polas constitucións
dos Estados europeos nos últimos anos, a equiparación de
dereitos no ordenamento xurídico e o progresivo recoñecemento
social entre homes e mulleres non abondan para garantir a igualdade real
ou de feito. A igualdade real supón unha efectiva equivalencia
na valoración de mulleres e homes e das súas respectivas
necesidades e intereses en todos os ámbitos sociais, así
como o dereito a recibir o trato e as respostas adecuadas a súas
demandas específicas. As
políticas de igualdade de oportunidades son as medidas políticas
postas en marcha dende institucións públicas co fin de resolver
as situacións de desigualdades entre mulleres e homes. Nos últimos
tempos estas políticas implementanse co mainstreaming de
xénero, concepto asumido no marco das políticas de igualdade
de oportunidades no contexto europeo e internacional. A Unión Europea
asume o mainstreaming (transversalidade) como estratexia que debe terse
en conta en todas as decisións políticas, que debe incorporarse
ás políticas específicas de igualdade de oportunidades
nas políticas xerais de educación, saúde, servicios
sociais, emprego, traballo, economía, urbanismo, políticas
culturais, participación cidadá, etc., sendo unha estratexia
integradora. A
Universidade de Vigo, a través do Departamento de Socioloxía,
Ciencia Política e da Administración e Filosofía
e da Cátedra Caixanova de Estudios Feministas, ofrece os títulos
de (1) Máster en Educación en Igualdade de Xénero
e Políticas de Igualdade, (2) Especialista en Xénero
e Políticas de Igualdade e (3) Especialista en Xénero
e Educación co fin de proporcionar coñecementos teórico-prácticos
para a elaboración, execución e avaliación de planes
e programas en pro da igualdade entre homes e mulleres, e dar resposta
á demanda de profesionais realizada por institucións públicas
e privadas destinadas a desenvolver programas de igualdade de oportunidades
e Mainstreaming. O
Título de Especialista en Xénero e Educación e Máster
en Educación en Igualdade de Xénero e Políticas de
Igualdade pretende tamén atender á necesidade de cualificar
profesionalmente ás/ós docentes en cuestións de xénero
para a incorporación do xénero na súa práctica
docente e na vida escolar.
Xustificación Social Os
títulos de (1) Máster en Educación en Igualdade
de Xénero e Políticas de Igualdade, (2) Especialista
en Xénero e Políticas de Igualdade e (3) Especialista
en Xénero e Educación pretenden encher o baleiro na
formación e preparación profesional existente nese campo
na sociedade española. Ese déficit de profesionais en cuestións
de xénero ponse en evidencia nos nosos días pola necesidade
de desenvolver nos distintos niveis da administración, dende os
gobernos locais e nacionais hasta a Unión Europea, programas e
políticas de igualdade de oportunidades como obxectivo prioritario.
Estas
titulacións obedecen tamén á necesidade de formar
a profesionais do ensino nunha educación non androcéntrica
e á prema de incorporar transversalmente o xénero na actividade
docente e na dinámica escolar co fin de conseguir unha sociedade
máis igualitaria dende o ponto de vista dos sexos e na que a violencia
de xénero sexa impensable. Asimesmo,
os tres cursos atenden á necesidade cada vez máis imprescindible
de formación específica para todas as persoas que traballan
a cotío con problemáticas sociais moi complexas e que afectan
ás mulleres (discriminación, desigualdade, marxinación,
violencia).
Dirección Purificación Mayobre Rodriguez [ descargar imágen ]. Profesora Titular de Filosofía. Universidade de Vigo. Contacto: Teléfono 988 38 71 20 / Fax 988 38 71 59 a nombre de Purificación Mayobre / Correo Electrónico: pmayobre@uvigo.es. Dirección Postal: Facultade de Ciencias da Educación. Campus Universitario "As Lagoas". Av. Castelao, s/n. 32004 OURENSE. Beatriz Suárez Briones [ descargar imagen ]. Profesora Titular de Teoría da Literatura. Universidade de Vigo. Contacto: Teléfono 986 81 23 45 / Fax 986 81 23 80 a nombre de Beatriz Suárez / Correo Electrónico: bsuarez@uvigo.es. Dirección Postal: Facultade de Filoloxía e Traducción. Campus Universitario. Lagoas-Marcosende. 36310 VIGO (Pontevedra). Organizan Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía. Universidade de Vigo. Cátedra Caixanova de Estudios Feministas. Colaboran Mancomunidade de Municipios de Vigo.
Programación Académica Inicio dos Cursos: Viernes, día 19 de Novembro do 2004. Finalización dos Cursos: Día 30 de Setembro do 2005. Horários
da docencia: Venres pola tarde de 16 a 21 hrs. e Sábados pola mañá
de 9 a 14 hrs. nas datas indicadas en cada un deles. Os módulos
prácticos impártense nas datas indicadas en cada un deles.
Titulación
1.- Máster en Educación en Igualdade de Xénero e
Políticas de Igualdade Módulos Teóricos Módulo T01.
Claves teóricas da desigualdade de xénero.
1.5 créditos. Módulos Prácticos Taller.
"A negociación positiva" con enfoque de xénero.
A negociación na práctica cotidián, na xerencia moderna
e no liderazgo transformador. Comunicación, xénero, conflicto
e negociación. Principios básicos. Tipos. Habilidades na
negociación. Estratexia e tácticas.
4 créditos. Exame: Viernes 23 de Setembro de 2005. Defensa Tese de Maxister: Viernes 30 de Setembro de 2005
Titulación
2. - Especialista en Xénero e Políticas de Igualdade Módulos Teóricos Módulo T01. Claves
teóricas da desigualdade de xénero. 1.5 créditos.
Módulos Prácticos Taller:
"A negociación positiva" con enfoque de xénero.
A negociación na práctica cotiá, na xerencia moderna
e no liderazgo transformador. Comunicación, xénero, conflicto
e negociación. Principios básicos. Tipos. Habilidades na
negociación. Estratexias e tácticas. 4 créditos.
Exame: Viernes 23 de Setembro de 2005.
Titulación
3. - Especialista en Xénero e Educación Módulos Teóricos Módulo
T01.
Claves teóricas da desigualdade de xénero. 1.5 créditos.
Módulos Prácticos Taller
: "A negociación positiva" con enfoque de xénero.
A negociación na práctica cotiá, na xerencia moderna
e no liderazgo transformador. Comunicación, xénero, conflicto
e negociación. Principios básicos. Tipos. Habilidades na
negociación. Estratexias e tácticas. 4 créditos.
Exame: Viernes 23 de Setembro de 2005.
Destinatarias/os Diplomadas/os, licenciadas/os, doutoras/es ou profesionais que traballen con mulleres en institucións públicas ou privadas e que queran ampliar os seus coñecementos previos ou incorporar por primeira vez a perspectiva de xénero e de igualdade de oportunidades na súa practica profesional ou no seu acervo de coñecementos. Profesionais e técnicos/as de institucións públicas e privadas: Comunidades Autónomas, Concellos, Administración do Estado Personal da administración de Xustiza. Personal do ámbito do Ensino, Personal do ámbito da Sanidade. Personal das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado. Educadoras/es, Partidos políticos,
Fundacións, Sindicatos, ONG´S, Asociacións sociais
que traballan e tratan co/ás mulleres. Condicións de Acceso É necesario cumprir
os requisitos esixidos na normativa das Ensinanzas de Posgrao nos seus
artigos 9.1 e 10.1. É dicir: MÁSTER
UNIVERSITARIO: a.
Tituladas/os universitarias/os de segundo ciclo ESPECIALISTA
UNIVERSITARIO: a.
Tituladas/os universitarias/os de primeiro e segundo ciclo
Período de Preinscrición: Día 29 de Setembro do 2004 a día 29 de Outubro do 2004. Prorrógase o plazo de preinscrición ( 2º plazo) desde o día 2 de Novembro hasta o 11 de Novembro do 2004. Neste segundo plazo non hai ningunha beca. Para preinscribirse
poderán utilizar tres (3) procedementos: 1º Procedemento: Preinscrición
entrando a través de Internet na Plataforma de Xestión
Académica Bubela, que se atopa na páxina
web da Área de Posgrao Virtual. Podes entrar
directamente en Bubela facendo click eiquí. Si
é a PRIMEIRA VEZ que entras en Bubela e non estás rexistrada/o,
entón terás que darte de alta como nova/o usuaria/o, é
moi sinxelo. Entra
en Bubela, e fai click en "Novos Usuarios" e cubre os datos
que se solicitan. É moi importante que lembres o teu nome de usuaria/o
e a túa clave. Cando finalices fai "click" no botón
"Aceptar" e xa estarás rexistrado. Agora xa podes preinscribirte
no curso entrando no catálogo de cursos facendo click no botón
"Preinscribir" do curso. No caso de que sexas un USUARIA/O rexistrada/o, simplemente introduce o teu nome de usuaria/o e a túa clave no cadro superior da esquerda e fai click no botón "Entrar". Unha vez feito esto fai click no "Catálogo de cursos" e fai click no botón "Preinscribir" do curso. 2º Procedemento: Cubrindo a ficha de preinscrición que pode descargar eiquí. 3º Procedemento: Recoller e entregar en man a ficha de preinscrición que se proporcionará nas seguintes direccións:
Criterios de Selección Tra-la recepción das solicitudes de admisión realizarase a selección das/os candidatas/os en base a méritos profesionais e académicos vencellados co tema. A lista de persoas admitidas farase pública nesta páxina web e nos taboleiros do alumnado da Facultade de Filoloxía e Traducción do Campus de Vigo e no Edificio de Ferro do Campus de Ourense.
Período
de Matrícula: (1º plazo) Día
02 de Novembro do 2004 a día 17 de Novembro do 2004. Número de Plazas:
Taxas:
Para matricularse
poderán utilizar
tres (3) procedementos: 1º Procedemento: Matrícula
entrando a través de Internet na Plataforma de Xestión
Académica Bubela, que se atopa na páxina
web da Área de Posgrao Virtual. Podes entrar
directamente en Bubela facendo click eiquí e seguidamente introduce
en Acceso o Nome de Usuario e a Clave elexidas. 2º Procedemento: Seguindo as instruccións da ficha de matrícula que pode descargar eiquí. 3º Procedemento: Recoller a ficha para formalizar o pagamento da matrícula nas seguintes direccións: Purificación
Mayobre Rodríguez. Teléfono: 988 38 71 20
/ Fax: 988 38 71 59 / Correo Electrónico: pmayobre@uvigo.es.
Dirección Postal: Facultade de Ciencias da Educación. Campus
Universitario "As Lagoas", Av. Castelao, s/n. 32004 OURENSE.
Beatriz Suárez Briones. Contacto: Teléfono: 986 81 23 45 / Fax: 986 81 23 80 / Correo Electrónico bsuarez@uvigo.es. Dirección Postal: Facultade de Filoxía e Traducción. Campus Universitario. Lagoas-Marcosende. 36210 VIGO (Pontevedra).
Nos tres procedementos é preciso facer chegar por Fax ao 988 38 71 59 (Ourense) o documento seguinte:
As persoas que se preinscriban no segundo plazo entre o día 2 de Novembro hasta o 11 de Novembro do 2004 NON TERÁN ACCESO a ningunha das BECAS-MATRÍCULAS xa que TODAS son adxudicadas entre ás persoas que fixeron a preinscripción no primeiro plazo. Concederánse
tres (3) matrículas gratuitas para a realización do Máster.
(NO PRIMEIRO PLAZO DE PREINSCRIPCIÓN) Criterios de Selección:
Alumnas/os con estudios extranxeiros:
Para o título de
Máster en Educación en Igualdade de Xénero e Políticas
de Igualdade: Asistir aorredor do 80% dos
módulos teóricos. Para o título de
Especialista en Xénero e Políticas de Igualdade: Asistir aorredor do 80% dos
módulos teóricos. Para o título de
Especialista en Xénero e Educación: Asistir aorredor do 80% dos
módulos teóricos. |
|||||||||||||||||||||