A NOSA UNIVERSIDADE
Presentación
A Universidade de Vigo
consolidouse, en pouco máis dunha década, como un referente
de modernidade e innovación en Galicia pola formación que
imparte e polo alto volume de transferencia de ciencia e
tecnoloxía ás industrias e ás empresas da rexión; tamén
pola súa captación de recursos a través de proxectos de
investigación en concursos de ámbito europeo ou español. É
unha universidade pública comprometida co desenvolvemento
sostible do seu contorno, coa aplicación de calidade a todas
as súas titulacións —algunhas das cales son exclusivas en
Galicia— e con obxectivos da converxencia europea. No curso
2003/2004 foi inaugurada a Cidade Universitaria deseñada por
Enric Miralles para o Campus de Vigo, a uns 15 km do centro
urbano e convertido, grazas a esa obra e a outras precedentes,
nun referente espléndido da arquitectura contemporánea en
Galicia. Os campus urbanos de Ourense e Pontevedra tamén se
desenvolven cunha premisa de calidade urbanística e
arquitectónica.
Campus Universitarios da
Universidade de Vigo
A Universidade de Vigo
estende os seus centros e instalacións a través de tres
campus situados nas inmediacións das cidades de Vigo, Ourense
e Pontevedra e, dentro destes, o principal e máis extenso é o
campus universitario de Vigo.
- Campus de
Vigo
Campus das Lagoas,
Marcosende, Vigo
Vigo-centro e Estación
de Ciencias Mariñas da illa de Toralla (Ecimat), Vigo
- Campus de
Pontevedra
Campus da Xunqueira e
edificacións no centro da cidade de Pontevedra
Campus de Ourense e
Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI)
no Parque Tecnolóxico de Galicia (PTG)
O número de alumnos
totais matriculados no curso académico 2008/2009 na
Universidade de Vigo ascende a 19.654 alumnos, dos que 11.752
están matriculados en centros do Campus de Vigo, 3.468 no
Campus de Pontevedra e 4.434 no de Ourense.
| Campus |
Centros docentes |
Centros de servizos |
Centros de I+D |
| Campus de Vigo |
Campus das Lagoas,
Marcosende |
Facultade de Filoloxía e
Tradución |
Biblioteca do ámbito de
ciencias |
CACTI |
| Edificio de Fundición |
Biblioteca Central |
|
| ETS de Enxeñeiros Industriais |
Edificio Miralles |
|
| ETS de Enxeñeiros de
Telecomunicación |
Reitoría |
|
| Facultade de Ciencias Económicas e
Empresariais |
Pavillón polideportivo |
|
| Facultade de Bioloxía |
Edificio do Servizo de Deportes |
|
| Facultade de Ciencias do Mar |
Xerencia. Servizos Centrais |
|
| Facultade de Química |
|
|
| Facultade de Ciencias Xurídicas e do
Traballo |
|
|
| ETS de Enxeñeiros de Minas |
|
|
| Vigo - centro -
Torrecedeira |
EUE Técnica Industrial |
|
|
| EU de Estudos Empresariais |
| Vigo - illa de Toralla |
|
|
Estación de Ciencias Mariñas da illa de
Toralla. (Ecimat) |
| Campus de Pontevedra |
Centro cidade |
Facultade de Belas Artes |
|
|
| Campus da
Xunqueira |
EUE Técnica Forestal |
| Escola de Fisioterapia |
| Facultade de Ciencias Sociais e de
Comunicación |
| Facultade de Ciencias da Educación e do
Deporte |
| Campus de Ourense |
Campus de Ourense |
Facultade de Ciencias da
Educación |
Polideportivo |
|
| Facultade de Historia |
Biblioteca Central |
| ES de Enxeñería Informática |
|
| Facultade de Ciencias |
|
| Facultade de Ciencias Empresariais e
Turismo |
|
| Facultade de Dereito |
|
| Parque Tecnolóxico de Galicia (PTG) |
|
|
Centro de Investigación, Transferencia e
Innovación (CITI) |
subir ↑
|