|
|
ESTRUTURA DO PLAN SUMA
O Plan SuMA estrutúrase a
través de sete programas xerais que engloban o conxunto de
temas relativos á enerxía, aos residuos, ao contorno natural,
ao patrimonio, á colaboración coa sociedade e ao fomento
dunha sensibilización ambiental. Cada un destes programas
aplicarase aos edificios, instalacións e unidades da
universidade, e concretaranse en actuacións específicas de
acordo coa dispoñibilidade do orzamento;e, despois dunha
avaliación ao longo dos anos, sobre os principios de
harmonización e eficiencia. O Plan SuMA disporá dun
presuposto para as tarefas de avaliación e estudos, e doutro
de execución, que se cofinanciarán a través de convocatorias
públicas competitivas.
Os programas do Plan SuMA
son:
Anexos e coordinados co
Plan SuMA considéranse tres proxectos en termos máis
xenéricos e abertos que os programas anteriores. Os proxectos
que se presentan teñen como finalidade a análise e
proxección de tres zonas extensas da universidade no tocante
á urbanización, ao deseño paisaxístico ou urbano, dependo
do caso, ao respecto do medio natural e á sostibilidade.
Os tres proxectos que se
presentan nesta primeira fase correspóndense co Campus de
Vigo, As Lagoas,Marcosende, baixo a denominación de Campus
Verde; co Campus de Ourense, o Campus Terrae; e co Campus de
Pontevedra nomeado Campus Vedra. Os tres proxectos campus
conterán unha fase de anteproxecto de ideas, outra fase de
avaliación de propostas e unha terceira de programación da
execución. Cada un dos proxectos poderá ter unha
presentación e programación distintas atendendo á
singularidade da zona, aos tempos de execución e ao
desenvolvemento da propia zona, e serán xestionados polos
vicerreitores con competencias nos campus.
Con carácter xeral todos
os proxectos deberán remitir unha imaxe de sostibilidade e de
defensa do contorno natural e patrimonial da Universidade de
Vigo e, deste modo, as propostas dos programas do Plan SuMA non
deberán interferir, senón reforzar, unha imaxe sostible da
nosa universidade. En calquera caso, os programas do Plan SuMA
serán aplicables a todos os centros e dependencias da
universidade e a súa execución non deberá interferir nas
propostas de urbanización, paisaxísticas ou artísticas dos
proxectos dos campus.
|