|
|
Subprograma de implantación
de enerxías renovables (ER)
Este sub-programa ER é
extensión do Programa de Innovación Enerxética, activado no
ano 2005, mediante o cal lévanse a cabo accións encamiñadas
á implantación de diferentes tipos de Enerxías Renovables
tanto nos edificios e instalacións actuais da Universidade de
Vigo como nas novas edificacións.
O sub-programa consta de
tres tipos de instalacións:
As actuacións
desenvolvidas por este sub-programa no período 2006-2008
represéntanse a modo esquemático na seguinte táboa-resume,
indicando os custes económicos e os principais logros acadados
polas instalacións realizadas en base a enerxías renovables,
cunha menor dependencia do consumo de combustibles fósiles.
Como factor común a todas estas actuacións resaltase as
toneladas de CO2 evitadas en cada proxecto, que xustifican
ambientalmente cada actuación, contribuíndo o desenvolvemento
sostible, fin co cal se levan a cabo tódalas actuacións do
"Plan SUMA".
| Proxecto |
Inversión |
Estado |
Aforro anual (kWh/ano) |
Aforro (%) |
t CO2 evitadas |
Instalación Solar Térmica Pavillón dos deportes
do Campus As Lagoas Marcosende. Vigo.
|
81.599,23€
|
En explotación
|
39.226
|
69%
|
11,4
|
Instalación Solar Térmica Centro de
Investigacións Mariñas. Illa de Toralla. Vigo.
|
23.581,29€
|
En explotación
|
32.070
|
18,7%
|
13,15
|
Instalación Solar Térmica do
Polideportivo do Campus Sur de Ourense.
|
46.539 €
|
En explotación
|
21.320
|
67.14
|
7.08
|
Instalación Solar Térmica da Facultade de CC. da
EE. e do Deporte. Pontevedra.
|
29.943,13€
|
En explotación
|
28.445
|
30%
|
9,44
|
Farois fotovoltaicos. Residencia de estudantes As
Lagoas Marcosende. Vigo.
|
99.000 €
|
En explotación
|
1.900
|
100% (*)
|
4,64
|
Farois fotovoltaicos no Campus Norte As Lagoas,
Ourense.
|
82.439 €
|
En explotación
|
1.900
|
100% (*)
|
4,64
|
Horta Solar e reforma da iluminación exterior.
Ourense.
|
100.000 €
|
En construcción
|
38.086
|
76,8%
|
1,51
|
Sustitución da bomba de calor aire/aire por unha
bomba de calor auga/auga conectada a pozos
xeotérmicos. Ourense
|
29.442 €
|
En explotación
|
-
|
40–60 %
|
40–60 %
|
Instalación de Bomba de Calor Xeotérmica para a
Climatización da Biblioteca da Facultade de
Ciencias
|
85.314,75€
|
En explotación
|
-
|
60 %
|
60 %
|
(*) Esta instalación non
posúe ningún sistema de apoio, polo que o consumo íntegro é
aportado polas enerxías renovables.
subir ↑
|