Presentación do Plan
SuMA
Nos últimos tempos
estamos a escoitar cada vez con máis frecuencia termos coma
desenvolvemento sostible, sostibilidade, cambio climático,
responsabilidade social, etc.
O concepto de
desenvolvemento sostible é establecido por primeira vez na
"Comisión Mundial sobre el Medio Ambiente y
Desarrollo", en 1987, no informe coñecido coma
Informe Brundtland, onde sinala: "Desenvolvemento
Sostible é aquel que satisfai as necesidades do presente sen
comprometer a capacidade das xeneracións futuras para
satisfacer as súas". A partires desta declaración o
desenvolvemento sostible pasou de ser unha posibilidade a
converterse nunha necesidade mundial.
A sensibilización, o
respecto e a concienciación social referida ao medio ambiente
increméntase día a día en tódolos entornos e ámbitos que
abarcan a sociedade, tanto a nivel mundial coma local, mediante
declaracións políticas, tendencias gubernamentais e
iniciativas e accións tanto de institucións públicas coma
organizacións privadas e empresariais.
A universidade, sendo a
entidade docente e investigadora por excelencia, é o principal
axente de cambio que debe proporcionar respostas aos problemas
da sociedade. Asemesmo coma institución debe comprometerse e
asumir a súa responsabilidade no fomento e na implantación de
iniciativas sostibles. Mediante esta reflexión a Universidade
de Vigo presenta o seu compromiso coa sostibilidade a través
do Plan de Sostibilidade e Medio Ambiente 2007-2009
(Plan SuMA).
O Plan
SuMA integra todas as accións e iniciativas que se
están a desenvolver actualmente na universidade de Vigo no
ámbito do progreso sostible. Este estrutúrase en sete
programas que engloban tódolos aspectos que a sostibilidade
aborda:
Cada un destes programas
é de aplicación xeral aos edificios, instalacións e unidades
da universidade, para o cal dispón dun orzamento para as
tarefas de avaliación e estudos, e de execución de proxectos
que serán cofinanciados mediante convocatorias públicas
competitivas europeas, estatais e autonómicas que xurdan a
favor da sostibilidade.
A Universidade de Vigo
pretende mediante o Plan SuMA ser referente
das universidades públicas españolas e europeas en materia de
sostibilidade, ademais de servir de apoio á toda a sociedade
en xeral para contribuir á mellora continua mediante o
progreso sostible.
O noso primeiro
paso consistiu na presentación do Plan de
Sostibilidade e Medio Ambiente ao Consello de Goberno
da Universidade
de Vigo o 3 de outubro de 2007 e na súa aprobación o 18 de
decembro de 2007, a través da cal a Universidade comprométese
a alcanzar e a estimular as metas e obxectivos da política da
enerxía da UE no ámbito das fontes renovables, eficiencia
enerxética, transporte limpo e combustibles alternativos.
Seguidamente realizouse a adhesión á Campaña Europa Enerxía
Sostible 2005-2008 co fin de apoiar e promover
un novo panorama enerxético europeo baseado nunha produción e
consumo enerxético intelixente e sostible.
|