ACTUACIÓNS EN CURSO
Actuación:
Mellora no
sistema de control do acendido do alumeado exterior en diversos
aparcadoiros da Universidade de Vigo.
Localización:
Nesta primeira fase
levarase a cabo a reforma dos aparcadoiros das seguintes
escolas e facultades:
— E.T.S.E de
Telecomunicacións
— Facultade de
Ciencias Xurídicas e do Traballo
— Facultade de
Ciencias Experimentais
Período de execución de obra:
Durante os meses de
decembro do 2010 e xaneiro do 2011.
Descrición:
As actuacións que se
levarán a cabo nos aparcadoiros serán as seguintes:
1. Substitución e posta a punto dos
equipos que forman o alumeado exterior.
Centrarase nunha nova e
correcta orientación dos equipos de iluminación e no cambio
das luminarias existentes por outras enerxéticamente máis
eficientes.
2. Sistema de control do acendido
automático do alumeado exterior.
Fundamentarase na
incorporación de interruptores horarios aos actuais
interruptores astronómicos. A función destes interruptores
será realizala discrimanción horaria no funcionamento das
luminarias, e dicir, adecuarase o seu funcionamento os
períodos de maior actividade nos aparcadoiros, reducíndose o
número de luminarias acendidas nos períodos de menor
actividade.
Melloras obtidas coa
reforma:
Técnicas
Reducción dun 77% do consumo
durante os períodos nocturnos grazas a nova e adecuada
orientación das luminarias asegurándose unha correcta
iluminación das zonas de circulación e zonas de paso.
Ambientais
Reducción das emisións
á atmosfera de máis de 15.000 Kg de CO2
anuais.
Económicas
O aforro producido debido á diminución
do consumo eléctrico estímase nuns 9.800 euros anuais respecto o
sistema anual, sendo o período de amortización da inversión
inferior os 10
meses.
Reportaxe
fotográfico:
APARCADOIRO DE E.T.S.E DE
TELECOMUNICACIÓNS

APARCADOIRO DA
FACULTAD DE CIENCIAS
EXPERIMENTAIS

|