cabecera
  Presentación  |  A nosa Universidade  |  Programas  |  Ligazóns de Interese  |   Contacto  


Manual conducion eficiente

Presentación do Plan SuMA

Nos últimos tempos estamos a escoitar cada vez con máis frecuencia termos coma desenvolvemento sostible, sostibilidade, cambio climático, responsabilidade social, etc.

O concepto de desenvolvemento sostible é establecido por primeira vez na "Comisión Mundial sobre el Medio Ambiente y Desarrollo", en 1987, no informe coñecido coma Informe Brundtland, onde sinala: "Desenvolvemento Sostible é aquel que satisfai as necesidades do presente sen comprometer a capacidade das xeneracións futuras para satisfacer as súas". A partires desta declaración o desenvolvemento sostible pasou de ser unha posibilidade a converterse nunha necesidade mundial.

A sensibilización, o respecto e a concienciación social referida ao medio ambiente increméntase día a día en tódolos entornos e ámbitos que abarcan a sociedade, tanto a nivel mundial coma local, mediante declaracións políticas, tendencias gubernamentais e iniciativas e accións tanto de institucións públicas coma organizacións privadas e empresariais.

A universidade, sendo a entidade docente e investigadora por excelencia, é o principal axente de cambio que debe proporcionar respostas aos problemas da sociedade. Asemesmo coma institución debe comprometerse e asumir a súa responsabilidade no fomento e na implantación de iniciativas sostibles. Mediante esta reflexión a Universidade de Vigo presenta o seu compromiso coa sostibilidade a través do Plan de Sostibilidade e Medio Ambiente 2007-2009 (Plan SuMA).

O Plan SuMA integra todas as accións e iniciativas que se están a desenvolver actualmente na universidade de Vigo no ámbito do progreso sostible. Este estrutúrase en sete programas que engloban tódolos aspectos que a sostibilidade aborda:

Cada un destes programas é de aplicación xeral aos edificios, instalacións e unidades da universidade, para o cal dispón dun orzamento para as tarefas de avaliación e estudos, e de execución de proxectos que serán cofinanciados mediante convocatorias públicas competitivas europeas, estatais e autonómicas que xurdan a favor da sostibilidade.

A Universidade de Vigo pretende mediante o Plan SuMA ser referente das universidades públicas españolas e europeas en materia de sostibilidade, ademais de servir de apoio á toda a sociedade en xeral para contribuir á mellora continua mediante o progreso sostible.

O noso primeiro paso consistiu na presentación do Plan de Sostibilidade e Medio Ambiente ao Consello de Goberno pdf da Universidade de Vigo o 3 de outubro de 2007 e na súa aprobación o 18 de decembro de 2007, a través da cal a Universidade comprométese a alcanzar e a estimular as metas e obxectivos da política da enerxía da UE no ámbito das fontes renovables, eficiencia enerxética, transporte limpo e combustibles alternativos. Seguidamente realizouse a adhesión á Campaña Europa Enerxía Sostible 2005-2008 pdf co fin de apoiar e promover un novo panorama enerxético europeo baseado nunha produción e consumo enerxético intelixente e sostible.

actualidade:

NOTICIAS

CURSOS

ACTUACIÓNS EN CURSO

Campañas:

Cheo por favor

SEMANA EUROPEA DA ENERXÍA SOSTIBLE

SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE

RECOLLIDA DE
MÓBILES EN DESUSO

Bolsas Plan Suma:

- BOLSAS

Coa colaboración de:  Inega xunta       
© 2009 Plan SuMA - Contacto: plansuma@uvigo.es